Agroforestal Carballeira – Acondicionamento dun espazo para unha empresa agroforestal e de quebrado de madeira
Proxectos Produtivos
Expediente: L18-19.20-10-0124
Promotor: Elías Santalices Díaz
Concello do investimento: Celanova
Puntuación: 75
Orzamento Aceptado: 97.979,20 €
Porcentaxe axuda: 40%
Contía Axuda: 39.191,68 €
INCIDENCIA NO EMPREGO
Nº de UTAS Consolidados: 1
Nº de UTAS Xerados: 0,5
Proxecto de acondicionamento dunha nave para almacenaxe e mellora do traballo de Agroforestal Carballeira, que se dedica ao desenvolvemento de labores agrícolas e ao quebrado de madeira para venda de leña.
Ademais de supoñer un avance na comodidade do traballo diario, a posta ao día destas instalacións permite unha mellor xestión dos residuos xerados da transformación da madeira, mediante o emprego da trituradora para a redución do material inflamable.
Fogares quentiños e hortas coidadas
Elías naceu e criouse na parroquia de Mourillós, sempre lle gustou a maquinaria agrícola e durante toda a súa vida mantivo o vínculo co rural. Despois de pasar por diferentes experiencias profesionais, decidiu poñer en marcha unha pequena empresa de traballos agroforestais na aldea.
Desbrozar, arar, fresar ou transportar abonos son algúns dos servizos que ofrece Agroforestal Carballeira aos habitantes da contorna de Celanova.
Mais, sen dúbida, o éxito deste negocio é o aproveitamento e a transformación de madeira para leña. Carballo e piñeiro son as principais compras de madeira para quebrar e as rachas resultantes deste proceso, quentan fogares de toda a comarca da Limia e, incluso, vivendas de diferentes puntos da provincia de Ourense.
O seu compromiso coa veciñanza e a súa responsabilidade co traballo fan que no rural de Celanova atopemos menos casas sen leña e menos hortas abandonadas.
Imaxe Previa Execución
Imaxes Proxecto Executado