Ampliación da industria e comercialización da pataca de Xinzo
Proxectos Produtivos – Entidades Privadas

Expediente: L21-19.20- 10-0252
Promotor: Noroeste de Patatas Sociedad Limitada
Concello e Lugar: Boado (Xinzo de Limia)
Puntuación: 88
Orzamento Aceptado: 40.000,00 €
Porcentaxe axuda: 50%
Contía Axuda: 20.000,00 €
INCIDENCIA NO EMPREGO
Nº de UTAS Consolidados: 3,39
Nº de UTAS Xerados: 1
O obxectivo do proxecto é a ampliación da capacidade de transformación e comercialización da industria.
A primeira transformación e comercialización de pataca, destinada a súa maioría a industria de frito, é a actividade principal da mesma.
A necesidade de adquirir 1.000 caixóns de madeira a fin de incrementar esa capacidade faise necesario dado que na campaña actual teñen comprometidos 3.000.000 quilos coa industria que serán adquiridos a agricultores locais, requirindo polo tanto un incremento da capacidade.
Os obxectivos da empresa con esta inversión son:
- Incremento da capacidade de comercialización.
- Incremento da oferta actual, en formato ensacado, máis adecuado para a distribución en canais HORECA e de distribución.
Trátase polo tanto dun proxecto finalista, posto que vai aparellado a futura adquisición dun paletizador (pola conta do promotor), acudindo posiblemente ao mercado de segunda man . O ensacado e venda de pataca ábrelle as portas da comercialización do seu produto a liñas de distribución e comercios, canle ata agora pouco o nada utilizada debido as limitacións da capacidade de almacenamento e a dificultade da paletización de sacos, que require de demasiado traballo manual de xeito que fai pouco rendible esa actividade.
A calidade da pataca é importante, pero máis o seu coidado
Sonia é unha das socias da empresa Noroeste de Patatas SL, do lugar do Boado en Xinzo de Limia.
Aínda que coa empresa levan ao redor de 10 anos, no sector da pataca levan toda a vida. A pataca agria que eles comercializan, é a mellor para fritir, polo cal traballan principalmente con fábricas de bolsas de patacas en frito. “É a mellor para a industria do frito polos azucres que ten”, explica Sonia.
Coa axuda do GDR querían adquirir caixóns para separar mellor o produto por lotes, fincas e agricultores. “Deste xeito, se hai un foco ou algún problema con algunhas patacas, é moito máis fácil de detectar e de separar, porque retiras o caixón”, sinala Sonia. Incide moito en que é moi importante recoller unha boa materia prima, pero tamén como a coidas e a tratas despois. A maneira na que se garda, tamén inflúe na calidade do produto e o caixón permite que o produto repose moito mellor para que logo se frita ben.
Imaxes Proxecto Executado