As Mourúas – Posta en valor do patrimonio da Serra do Xurés

Proxectos Non Produtivos – Entidades Privadas

Expediente: L20-19.20- 10-0199
Promotor: CMVMC Serra do Xurés-Riocaldo
Concello do investimento: Lobios
Puntuación: 61
Contía Axuda: 23.976,17 €

Proxecto de recuperación da mutatio As Mourúas, situada nun monte con gran valor forestal e natural, no corazón do Xurés. Deste modo, contribúese a unha xestión máis sustentable do territorio e a unha valoración integral dos seus recursos.

A escavación da mutatio acompañarase da instalación de paneis infomativos nos puntos de acceso e sitio, incidindo no desenvolvemento da comarca e xerando riqueza. Con este proxecto, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Serra do Xurés-Riocaldo, ten como finalidade incrementar o turismo, que repercute positivamente na economía local, así como mellorar a conservación do entorno rural, que aumenta o valor de recreo público do monte e contribúe á mellora da calidade de vida da poboación.

A potencialidade e a riqueza do monte

No municipio de Lobios, atópase a comunidade de Montes Veciñais en Man Común Serra do Xurés-Riocaldo, que aposta por dar a coñecer o valor e a riqueza do monte, non só desde unha perspectiva forestal, senón tamén para uso gandeiro, paisaxístico e turístico, nunha zona que acolle centos de turistas anualmente.

Da man de David, arqueólogo da zona, e Juan Carlos, encargado dos traballos agroforestais da CMVMC, xurde este proxecto de posta en valor e recuperación da mutatio As Mourúas, unha pousada ou parada situada no medio da Vía Nova, que unía as cidades de Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga). Aínda que coñecemos as mutatios como espazos de descanso e servizo aos animales, esta é a primeira en ser escavada ao longo desta calzada romana.

A primeira fase do proxecto, consistiu na limpeza e escavación de 120 metros cadrados, e na colocación de carteis e paneis informativos, 

Estamos ante a posta en valor do patrimonio cultural da zona e o incremento do atractivo turístico, xerando riqueza na zona; ao mesmo tempo que se promove unha mellor conservación da contorna rural, contribuíndo a unha xestión máis sustentable do territorio e a unha valoración integral dos seus recursos.

Imaxe Previa Execución

Imaxes Proxecto Executado

As Mourúas

Logos financiamentos GDR