Asociación Cultural Aimil Folc – Adquisición de vestimenta para o coro da localidade de Xinzo de Limia

Proxectos Non Produtivos – Entidades Privadas

Expediente: L19-19.20-10-0162
Promotor: Asociación Cultural Aimil Folc
Concello do investimento: Xinzo de Limia
Puntuación: 58
Orzamento Aceptado: 15.594,40 €
Porcentaxe axuda: 70%
Contía Axuda: 10.916,08 € 

Proxecto de mellora da posta en escea e vestiario do coro da asociación cultural Aimil Folc, mediante a compra de nova vestimenta. Os e as compoñentes deste coro contan con novos traxes tradicionais para as súas actuacións e presentacións, poñendo en valor, non só a música, senón tamén o vestiario tradicional galego.

Traxes tradicionais para a música tradicional

A asociación cultural Aimil Folc fundouse no ano 2002 coa intención de xestionar as actividades culturais extraescolares realizadas ao abeiro da Escola Municipal de Gaitas e Percusión do Concello de Xinzo de Limia.

Ao redor desta asociación desenvólvense diferentes actividades relacionadas coa escola de música para complementar as enisinanzas oficiais, unha das iniciativas que xurden disto é o coro de música tradicional.

O coro Aimil Folc ten unha fonda traxectoria e unha elevada demanda de actuacións, actuando non só en Xinzo de Limia, senón desprazándose tamén por toda a provincia e participando de todas as actividades culturais alá onde os conviden. Ademais, organizan anualmente no mes de outubro un festival de Corais, Coralimia, con gran aceptación do público e participación de corais de diferentes lugares.

Desde a súa fundación, a coral contaba co mesmo vestiario, que, en ocasións, se refacía e adaptaba para novos e novas integrantes. No 2019 renovouse o vestiario do coro e agora contan con novos traxes, feitos á man por artesáns, seguindo a vestimenta tradicional, de modo que a nova posta en escena é máis vistosa e adecuada ao nivel das súas actuacións.

Imaxe Previa Execución

Imaxes Proxecto Executado

Asociación Cultural Aimil Folc

Logos financiamentos GDR