Aula de informática en Arnuide – Acondicionamento dun local para instalar un espazo de novas tecnoloxías

Proxectos Non Produtivos – Entidades Privadas

Expediente: L17-19.20- 10-0040
Promotor: Asociación de Veciños de Arnuide
Concello do investimento: Vilar de Barrio
Puntuación: 64
Orzamento Aceptado: 29.049,65 €
Porcentaxe axuda: 75,45%
Contía Axuda: 21.917,96 €

Proxecto de acondicionamento da antiga escola da aldea de Arnuide para convertela nunha aula de informática.

Ante a elevada e prolongada demanda dos e das habitantes da aldea, dun espazo informático e de novas tecnoloxías, a Asociación de Veciños de Arnuide decide levar a cabo este proxecto, co obxectivo principal de evitar os desprazamentos a outros concellos da contorna, ao mesmo tempo que se recupera o valor patrimonial da antiga escola.

Novas tecnoloxías e alfabetización dixital en Arnuide

A antiga escola da aldea de Arnuide, acolle no seu interior, desde o ano 2017, un espazo de informática e novas tecnoloxías, grazas á A Asociación de Veciños de Arnuide, que se encargou de promover este proxecto para uso e desfrute de toda a aldea.

O acondicionamento dun espazo para que a veciñanza puidese achegarse ao coñecemento e uso das novas tecnoloxías era unha demanda que levaba algún tempo enriba da mesa, xa que moitos e moitas veciñas da aldea, trasladábanse a outros espazos próximos nos que poder desenvolver diferentes tarefas ou actividades informáticas.

A escola da aldea foi o lugar elixido para levar a cabo a habilitación da nova aula de informática da aldea, onde se realizou un traballo de mellora do interior, instalación de calefacción de biomasa, adquisición de mobiliario e equipación informática que cubrise todas as necesidades dos seus e súas habitantes.

A instalación dunha aula de informática en Arnuide supuxo, non só que as persoas usuarias de outros espazos informáticos puidesen evitar ter que desprazarse, senón tamén o fomento da alfabetización dixital entre os e as veciñas da aldea. Ao mesmo tempo, a rehabilitación deste espazo tamén permite dar vida a unha antiga escola, velando polo seu valor patrimonial.

Imaxe Previa Execución

Imaxes Proxecto Executado

Aula de informática en Arnuide

Logos financiamentos GDR