Nome do proxecto
Proxectos Non Produtivos – Entidades Privadas

Expediente: L19-19.20- 10-0175
Promotor: Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Freande
Concello do investimento: Sarreaus
Puntuación: 74
Orzamento Aceptado: 88.580,60 €
Porcentaxe axuda: 84,55%
Contía Axuda: 30.000,00 € límitación por EDLP(50%)
Proxecto de creación dun espazo destinado a albergar unha aula de informática, promovido pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Freande, no concello de Sarreaus. Esta aula pretende ofrecer un espazo de uso informático para todas as persoas da aldea. Así como, potenciar a integración e participación dos veciños e veciñas da aldea en actividades culturais, educativas e sociais relacionadas coa informática, promovendo actuacións en materia de igualdade entre homes e mulleres.
A veciñanza de Frenande achégase ao mundo das novas tecnoloxías
No lugar de Freande, pertencente ao concello de Sarreaus, estreouse unha aula de informática no ano 2019, grazas á A Comunidade de Monte Veciñais en Man Común da aldea, que promoveu o proxecto de construción dun espazo de novas tecnoloxías.
Baixo a finalidade de poñer a disposición dos e das habitantes da contorna un servizo de novas tecnoloxías, créase a aula de informática de Freande, que busca promover a formación e o interese polas novas tecnoloxías das persoas maiores, facilitándolle as ferramentas e equipamento necesario para que a veciñanza de todas as idades poida desfrutar das novidades tecnolóxicas.
Esta aula tamén pretende ofrecer un espazo lúdico para todo tipo de usuarios e usuarias, acollendo aos máis pequenos de cada vivenda e tamén aos máis maiores, onde se poidan desenvolver actividades culturais, educativas e sociais, potenciando a integración e participación social.
Desta forma, esta aula serve como espazo de achegamento ás novas tecnoloxías, de formación informática e, sobre todo, de cohesión social.

Imaxe Previa Execución
Imaxes Proxecto Executado