Camoco Foods – Compra de equipamento informático para a mellora da actividade económica

Proxectos Produtivos

Expediente: L18-19.20-10-0123
Promotor: CAFOBYBE S.L. 
Concello do investimento: Celanova
Puntuación: 60
Orzamento Aceptado: 20.182,61 €
Porcentaxe axuda: 50%
Contía Axuda: 10.141,31 €

INCIDENCIA NO EMPREGO
Nº de UTAS Consolidados:
2
Nº de UTAS Xerados:
1

Proxecto de compra de equipamento informático de alto rendemento, en réxime de cesión, para mellorar a coordinación do traballo e lograr maior eficiencia en Camoco Foods, que pretende desenvolver a súa actividade económica con empresas de toda Europa e, esporadicamente, de fóra da Unión Europea.

Esta empresa buscar iniciar actividades relacionadas co “Comercio maiorista de produtos alimentarios xeados” (IAE 612.9), mediante a compra intracomunitaria de mercadoría e venda en diversos mercados europeos.

Azucres naturais desde Celanova

Camoco Foods é unha sociedade de comercialización alimentaria que ten a exclusividade no territorio español con Belgosuc, empresa fundada en 1990, que produce produtos semi-elaborados a base de azucres naturais e concentrados de froitas. Desde 2009, Belgosuc comercializa o seu produto alimentario ao por maior a través dos camións cisterna de 25 toneladas de Camoco Foods, que distribúe aos produtores de alimentos independentes e á industria da alimentación industrial en toda Europa, principalmente ao sur da Península Ibérica.

Malina Anna é a xerente deste negocio, quen decidiu instalar a empresa en Celanova tras casar co seu marido, natural deste municipio. Actualmente, vive en Alicante, para estar máis próxima á clientela, mentres que o seu director comercial, Roberto, é o encargado da labor comercial e loxística desde Celanova.

A eficiencia e mellor coordinación no traballo entre os compañeiros de Celanova e a xerencia en Alicante é posible grazas ás novas instalacións informáticas de alto rendemento, que facilitan a coordinación entre traballadores e o traballo loxístico da empresa.

Imaxes Proxecto Executado

Camoco Foods

Logos financiamentos GDR