Casa da Memoria e Interpretación da Paisaxe – Recuperación do patrimonio etnográfico

Proxectos Non Produtivos – Entidades Privadas

Expediente: L2-19.20- 10-0196
Promotor: Casa da Memoria e Interpretación da Paisaxe
Concello do investimento: Sarreaus
Puntuación: 67
Contía Axuda: 28.480,56 €

Proxecto de recuperación patrimonial da memoria das persoas maiores e do patrimonio arquitectótico-etnográfico de diferentes espazos.

O Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” pretende recuperar e acondicionar diferentes vivendas, que actúen como espazos con vida, para traballar as remiscencias do pasado e a recuperación de saberes da nosa historia para a acción educativa. As minas de estano e a emigración son as dúas temáticas ao redor das que se desenvolve o proxecto, xa que estiveron presentes durante boa parte da vida dos e das maiores implicadas no proxecto.

Coidado e preservación do pasado esquecido

Darlle voz ao pasado é o obxectivo fundamental desta iniciativa do CDR O Viso, que pretende recuperar diversas actividades do pasado da Comarca da Limia baixo o nome de Casas da Memoria e Interpretación da Paisaxe.

Este proxecto conta con dúas partes diferenciadas e complementarias entre si; unha centrada na recuperación da memoria das persoas maiores e outra sobre o labor pedagóxico e a acción educativa.

A través de recollidas orais con persoas maiores do entorno búscase poñer en valor o pasado esquecido e mellorar a súa propia estima. Estas conversas desenvólvense ao redor de temáticas centrais da súa vida, como poden ser a emigración e as minas de estano, moi presenten na contorna.

A acción educativa vincúlase coas actividades do “pobo escola”, que pretende ser un punto de encontro e reunión interxeracional ao redor da aprendizaxe e recuperación de saberes tradicionais e historias da zona, revalorizando así o rural e a nosa historia. Para dar cabida a estes museos vivos, refórmanse tres pequenos espazos na aldea de Lodoselo (concello de Sarreaus) -unha palleira, unha leñeira e un antigo tear-, detendo así o seu deterioro e dándolle un novo uso como locais expositivos vinculados á pedagoxía e as actividades da memoria.

Imaxes Proxecto Executado

Casa da Memoria e Interpretación da Paisaxe

Logos financiamentos GDR