Casa da Memoria e Interpretación da Paisaxe

Proxectos Non Produtivos – Entidades Privadas

Recuperación Patrimonial, sobre todo coa xente maior, de dúas temáticas que conformaron parte da súa vida(minas de estano e a emigración); o lado incluimos a tematica da paisaxe porque se ben estas temáticas vannos servir para traballar desde o CDR a autoestima e valorizar o “pasado esquecido” e que se perde con cada persoa maior que se vai, para traballar as reminiscencias do pasado, pero tamén para recuperar para a acción educativa uns saberes que nos van a posibilitar o apredermos a mirar e entender mellor todo o que nos rodea. O mesmo tempo contribuír a que os novos poboadores teñan uns espazos que lles permitan emprender. Investimentos: recuperar e acondicionar as Casas como museos vivos; espazos con vida

Unha vez acondicionados os inmobles, nos mesmos instalaranse elementos tradicionais relacionados coa elaboración destes produtos, así como carteleria e audiovisuais nos que os mesmos produtores explicarán a elaboración e as características dos seus produtos. Asemade farase una pequena exposición dos produtos que hoxe poden adquirirse e os lugares onde se comercializan. Os productos que formarán parte daexposición son os seguintes: Mel, Castañas, Embutidos, Pan, Aceite, Viño, Estrugas e cociña tradicional.

Fotos previo execución

Expediente: L2-19.20- 10-0196

Titulo Proxecto: Casa da Memoria e Interpretación da Paisaxe

Promotor: CDR O VISO

Concello e lugar do investimento: SARREAUS. Lodoselo

Puntuación:67

Contía Axuda: 28.480,56 €

Centro de exposición de productos locais