Casa do Concello de Vilar de Santos – Mellora de servizos públicos e accesibilidade

Proxectos Non Produtivos – Entidades Públicas

 Expediente: L17-19.20-10-0050
Promotor: Concello de Vilar de Santos
Concello do investimento: Vilar de Santos
Puntuación: 68
Orzamento Aceptado: 122.173,42 €
Porcentaxe axuda: 87,78%
Contía Axuda: 116.405,69 €
Axuda final cobrada en función da execución:
73.898,79 €

Proxecto de mellora da accesibilidade e ampliación de novos servizos no Concello de Vilar de Santos. 

Para isto, lévase a cabo a instalación dun elevador na casa do concello, que permite mellorar a accesibilidade de persoas con mobilidade reducida e de persoas con carriños de bebé. Tamén se mellora o servizo de novas tecnoloxías da aula CeMIT e implántase un novo servizo permanente de atención á muller.

Modernizar e mellorar os servizos do rural

O Concello de Vilar de Santos aposta por unha vida plena no municipio, onde os seus habitantes poidan desenvolver a súa vida coa maior comodidade posible. Por iso moderniza as súas instalacións e mellora a accesibilidade para todo tipo de persoas, seguindo a nova lei de mobilidade. Para isto, engadiu un ascensor na casa consistorial e reubicou as diferentes oficinas na propia casa e nos inmobles anexos, facilitando aos veciños e veciñas o acceso.

Estes cambios tamén se centraron na reconfiguración dos servizos e na mellora dos diversos programas nos que participa o Concello. Un dos programas de maior éxito é a aula CeMIT, que promove a alfabetización dixital e busca achegar o coñecemento das novas tecnoloxías a toda a poboación. Por iso, a aula CeMIT do municipio está equipada coa última tecnoloxía e dispoñible para a participación en actividades formativas ou para acceso libre.

Outro dos servizos que ofrece o Concello é o de asesoramento, atención, orientación e información ás mulleres que o necesiten, un servizo que se implantou de forma permanente no ano 2018 despois de crear unha oficina de atención á muller.

Con estes cambios, o Concello de Vilar de Santos conseguiu mellorar os seus servizos e dar resposta ás necesidades dos habitantes da vila.

Imaxe Previa Execución

Imaxes Proxecto Executado

Casa do Concello de Vilar de Santos

Logos financiamentos GDR