A Casa dos Oficios: edificación para revivir a tradición

Proxectos Non Produtivos – Entidade pública

Expediente: L20-19.20- 10-0198
Promotor: Concello de Taboadela
Concello e Lugar: Taboadela
Puntuación: 80 
Contía Axuda: 30.000€

O concello de Taboadela presentou un proxecto centrado na posta en valor dos recursos autóctonos, especificamente dos oficios tradicionais, co obxectivo de formar aos seus habitantes en ditos saberes e así poder contribuír á xeración de emprego rural.

O proxecto consiste na rehabilitación integral dunha pequena edificación situada no núcleo rural de Taboadela, unha antiga vivenda con máis de 100 anos, que conserva a estrutura orixinaria e tamén un corredor de madeira.

Lugar de encontro interxeracional

A idea de reacondicionar esta vivenda xurdiu por dúas razóns: a primeira, para recuperar os saberes tradicionais do Concello, e a segunda, para evitar o feísmo na praza principal.

Deste xeito, estanse a realizar obradoiros de aprendizaxe destinados a todos os grupos de idade, sen distincións, polo que, mozos e non tan mozos poderán compartir coñecementos e experiencias asistindo a cursos de cestería, coiro, barro, pintura e incluso faladoiros. Son lugares de encontro, puntos de reunión para todos aqueles que queiran participar. Así, ensinando o valor cultural de Taboadela, poderase abrir o abano de oportunidades para xerar emprego na zona.

Chamando ao Concello pódese saber a oferta de cursos e en que horario se imparten.

Ademais disto, a rehabilitación que se fixo foi totalmente harmoniosa, respectando o entorno e o espazo onde se sitúa a casa, así como a súa propia estrutura.

Imaxe Previa Execución

Imaxes Proxecto Executado

Casa dos Oficios

Logos financiamentos GDR