Castro da Acea – Conservación e mantemento do patrimonio arquitectónico (fase II)

Proxectos Non Produtivos – Entidades Públicas

Castro Acea Baños de Molgas

Expediente: L18-19.20-10-0129
Promotor: Concello de Baños de Molgas
Concello do investimento: Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía
Puntuación: 59
Orzamento Aceptado: 35.477,20 €
Porcentaxe axuda: 77,78%
Contía Axuda: 27.594,17 €

Proxecto de mantenento, conservación e posta en valor do Castro de Acea, situado no Outeiro do Castro, no linde dos concellos de Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía.

Deste modo, o concello de Baños de Molgas busca incrementar o turismo e mellorar a conservación do entorno natrual e rural, contribuíndo a unha xestión máis sustentable do territorio e a unha valoración integral dos seus recursos.

Conservación do patrimonio castrexo

Este xacemento castrexo de importante valor patrimonial, arqueolóxico e cultural comeza unha serie de traballos de escavación no ano 2017, cuxo proxecto arqueolóxico de recuperación e posta en valor conta condiferentes actuacións encamiñadas á promoción do turismo e á conservación do patrimonio cultural da zona.

No ano 2019 continuáronse os traballos de escavación e restauración do Castro da Acea e para isto, levouse a cabo unha nova campaña arqueolóxica, na que se escavaron 200 metros cadrados. O equipoarqueolóxico encargado destes traballos tamén se encargou de restaurar algunhas das estruturas castrexas que apareceron nas escavacións, permitíndolle investigar, estudar e coñecer mellor este xacemento e parte da historia da comarca.

Ademais, buscouse consolidar non só as diferentes estruturas castrexas, senón tamén o mantemento dos accesos e  levouse a cabo a limpeza de dous camiños, utilizados polos visitantes: o acceso desde Xunqueira de Ambía e o camiño desde a parroquia de Santo Estevo de Ambía, pertencente ao concello de Baños de Molgas.

Imaxe Previa Execución

Imaxes Proxecto Executado

Castro da Acea

Logos financiamentos GDR