Castro da Acea – Recuperación e posta en valor do patrimonio arquitectónico
Proxectos Non Produtivos – Entidades Públicas

Expediente: L17-19.20-10-0016
Promotor: Concello de Baños de Molgas
Concello do investimento: Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía
Puntuación: 74
Orzamento Aceptado: 38.599,00 €
Porcentaxe axuda: 90%
Contía Axuda: 34.739,10 €
Proxecto de escavación arqueolóxica e posta en valor do castro situado no Outeiro do Castro, no linde dos concellos de Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía.
Este proxecto do Concello de Baños de Molgas pretende recuperar o patrimonio da zona para a dinamización turística da contorna do Castro de Acea, promovendo tamén os valores de conservación do rural e respeto polo patrimonio. Ademais, poñer en valor o patrimonio cultural contribúe de xeito eficaz na conservación das zonas rurais, aumentando o valor de recreo público do monte, fomentando o seu valor estético, educativo e científico, de modo que incide no desenvolvemento rural e xera riqueza.
Riqueza patrimonial ao descuberto
O Castro de Acea é un xacemento castrexo situado entre os concellos de Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía, concretamente no Outeiro do Castro. Situado a unha altitude de 561 metros e sobre o río Arnoia, este castro ten cun importante valor patrimonial, arqueolóxico e cultural, cuxa data se sitúa entre os anos 1.000 a.C. e 500 a.C.
No 2017 levouse a cabo un labor de recuperación e posta en valor deste elemento patrimonial e turístico da zona. Para isto, realizáronse traballos de desbroce, rareo puntual e poda nas 3 hectáreas circundantes e dentro do propio recinto arqueolóxico, así como tamén nos camiños de acceso. Ademais, organizouse unha campaña de escavación, consolidación e conservación do castro, así como un levantamento topográfico e un estudo dos materiais arqueolóxicos atopados durante dita escavación.
Estas tarefas arqueolóxicas, sumáronse traballos de comunicación e difusión do proxecto, mediante a instalación de sinaléctica e colocáronse paneis informativos integrados no entorno, que permiten aos visitantes achegarse a coñecer a riqueza deste xacemento dunha forma sinxela e atractiva.