Castromao – Posta en valor do patrimonio arqueolóxico de Celanova
Proxectos Non Produtivos – Entidades Públicas
Expediente: L18-19.20- 10-0106
Promotor: Concello de Celanova
Concello do investimento: Celanova
Puntuación: 66
Orzamento Aceptado: 38.284,40 €
Porcentaxe axuda: 85,56%
Contía Axuda: 30.000,00 € límitación por EDLP (50%)
En primeiro lugar cómpre analizar as patoloxías e diagnosticar o estado de conservación do castro para determinar as actuacións máis inmediatas; así como un traballo de limpeza da área do xacemento e da contorna inmediata, facéndoo máis accesible e atractivo para os e as visitantes. Ademais disto, lévase a cabo a instalación de paneis interpretativos, tanto no castro como noutros lugares de interese, e a creación dunha imaxe para a difusión e promoción efectiva do castro.
Un xacemento castrexo declarado Ben de Interese Cultural
Castromao é un xacemento castrexo situado no concello de Celanova, cun gran valor arqueolóxico e patrimonial, sendo considerado un dos castros máis antigos de toda Galicia, habitado entre os séculos VII a.C. e III d.C. No ano 2018 foi declarado como Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia e, actualmente, é un dos maiores reclamos turísticos do municipio celanovés.
Desde o ano 1963, de forma intermitente, leváronse a cabo múltiples campañas de escavación, consolidación e conservación do castro, que permitiron coñecer diversas estruturas e construcións. Neste xacemento tamén se descubriu a cohexistencia de diferentes tipos de cerámica e outras pezas moi interesantes. Aínda así, só unha pequena parte do castro está escavada, de forma que hoxe en día só coñecemos ao redor dun 20% do total do asentamento.
Eduardo, o arqueólogo municipal, encargouse da última campaña de actuacións; realizou unha análise previa de diagnóstico do estado de conservación do castro e coordinou as actuacións arqueolóxicas no conxunto: Limpeza e habilitación do camiño tradicional de subida ao castro e preparación dunha área de aparcamento.
Mais non só se fixeron traballos de investigación e conservación, senón que tamén se levou a cabo un labor de difusión e promoción do castro ao instalar paneis informativos e actualizar a información vitual do mesmo.