CEIP Rosalía de Castro – Implantación dunha aula de atención temperá
Proxectos Non Produtivos – Entidades Privadas
Expediente: L19-19.20- 10-0164
Promotor: ANPA Rosalía de Castro
Concello do investimento: Xinzo de Limia
Puntuación: 54
Orzamento Aceptado: 2.189,60 €
Porcentaxe axuda: 66,36%
Contía Axuda: 1.460,50 €
Proxecto de conciliación familiar e laboral no CEIP Rosalía de Castro, ao implementar un novo servizo de apoio ás familias, mediante a apertura dunha aula de atención temperá, onde nenos e nenas en idade escolar poidan recibir unha atención lúdica-educativa antes da entrada habitual ao colexio.
A ANPA do centro promove este servizo para que pais e nais do alumnado deste centro poidan ter unha boa conciliación da vida familiar e laboral.
Colexios que concilian
A aula de atención temperá do CEIP Rosalía de Castro é un servizo impulsado pola ANPA do centro para favorecer a conciliación familiar, permitindo ás familias deixar aos seus fillos e fillas no centro, antes do horario habitual de entrada, podendo compatibilizar así, a vida familiar e laboral.
Este proxecto xurde a comezos do curso 2018-2019 para dar resposta á necesidades de varias familias da contorna e, co tempo, poder acoller a todas as familias que o precisaren, xa que existen diferentes modalidades coas que poder desfrutar deste servizo.
Cun horario que vai desde as 7.30h ata as 9h, hora de comezo das aulas, unha monitora acompaña aos cativos e cativas que desfrutan deste servizo, onde habitualmente dedican o tempo ás manualidades e aos xogos educativos.
Hai nenos e nenas que acuden a esta aula regularmente e de forma diaria, mentres que outros e outras, o fan de forma puntual, debido aos diferentes imprevistos familiares que xurden de forma esporádica. Para todos e todas hai un oco nesta aula, que ademais, se comparte co alumnado do outro centro educativo de Xinzo de Limia, o CEIP Carlos Casares.
Imaxes Proxecto Executado