CITRAN – Centro de Interpretación da Tracción Animal
Proxectos Non Produtivos – Entidades Privadas
CONCEPTO E OBXECTIVOS
Concepto:
- Creación dun espazo de valorización de todo o patrimonio asociado à tracción animal;
- Creación dun espazo de aprendizaxe e formación en torno da tracción animal;
- Creación dunha plataforma de incentivo á visita do territorio rural da Baixa Limia e Terras de Celanova.
Obxectivos:
- Recuperar e dotar de vocación pedagóxica un espazo físico no medio rural que poida recibir este Centro de Interpretación;
- Reunir coñecemento acerca da importancia da tracción animal no desenvolvemento da rexión;
- Comprender e interpretar o papel da tracción animal na definición do mosaico paisaxístico galego;
- Recoller e divulgar a tecnoloxía e coñecemento tradicionais en torno da tracción animal, contribuíndo para a salvagarda e divulgación do patrimonio rexional;
- Promover as razas autóctonas con actitude para o traballo (equinos e bovinos), volvéndolles a funcionalidade perdida e garantindo a creación de valor engadido;
- Fomentar e diseminar o uso de tracción animal moderna como fonte de enerxía renovábel libre de emisións, afirmándoa como un método de valorización produtiva dos ecosistemas, minimamente invasivo e de reducido impacto sobre o medio;
- Contribuír para a modernización das técnicas tradicionais presentes na rexión, permitindo a entrada no mercado de bens e servizos asociados competitivos, promovendo o consumo interno e evitando a importación de modelos alleos á poboación local, favorecendo a aceptación do proceso de modernización por parte da comunidade.
INVESTIMENTO PREVISTO:
- Construción de edificación tradicional destinada a Centro de Interpretación
- Construción de establo para 6 animais de traballo 120 m2 e galpón para alimento 100 m2.
EQUIPAMENTO:
- medios audiovisuais centro de interpretación
- material didáctico e formativo
- apeiros para exposición exterior e interior e actividades en obradoiros
– Redacción manual técnico e edición libro de tracción animal
– Obradoiros

Foto previo execución

Fotos despois da execución
Expediente: L17-19.20-10-0065
Promotor
ASOC. GALEGA DE TRACCION ANIMAL – A MOLIDA
Concello e Lugar
LOBIOS
Puntuación: 81
Orzamento Aceptado: 168.348,33 €
Porcentaxe axuda: 90%
Contía Axuda: 117.389,13 €
Axuda final en finción do investrimento xustificado: 103.801,63 €