Centro Social de Porto – Rehabilitación e acondicionamento da antiga escola da aldea de Porto para instalar un centro social

Proxectos Non Produtivos – Entidades Privadas

Expediente: L19-19.20- 10-0180
Promotor: CMVMC Porto
Concello do investimento: Vilar de Barrio
Puntuación: 48
Investimento total: 13.811,68 €
Contía Axuda: 5.922,55 € (+ 251,55 € en reserva de fondos)

Proxecto de acondicionamento dunha antiga escola para uso de centro social dos habitantes da aldea de Porto, no concello de Vilar de Barrio. A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Porto leva a cabo esta iniciativa de rehabilitación dunha escola tradicional abandonada, baixo a finalidade de fomentar o desenvolvemento social e cultural no seu ámbito territorial. Ademais da reforma interior, inclúese neste proxecto, o acondicionamento deste espazo con todo o necesario para o desenvolvemento das actividades que se levarán no seu interior, tales como talleres, cursos ou xornadas formativas, entre outras.

Antiga escola para novas aprendizaxes

A aldea de Porto conta cun centro social na parroquia desde 2019, cando se decidiu rehabilitar a antiga escola para proporcionar á súa veciñanza un espazo de desenvolvemento sociocultural.

A escola da aldea, que formou a numerosas promocións de cativos e cativas, levaba abandonada varios anos pero cobrou unha nova vida grazas á proposta de rehabilitación para uso veciñal da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Porto. Ademais da rehabilitación e acondicionamento da escola para o seu uso, adquiriuse o mobiliario interior e levouse a cabo a instalación dun sistema de calefacción de biomasa, respectuosa co medio ambiente.

Este espazo abandonado foi reformado baixo a idea de crear un lugar no que as veciñas e veciños puidesen desenvolver diferentes actividades lúdicas, culturais, sociais, formativas, informativas, etc.; promovendo así participación dos e das habitantes da aldea para crear unha maior cohesión social entre todos e todas.

Imaxe Previa Execución

Imaxes Proxecto Executado

Centro Social de Porto

Logos financiamentos GDR