Agro Maceda: xardinería e moito máis
Proxectos Produtivos – Entidades Privadas

Expediente: L21-19.20- 10-0235
Promotor: Óscar Santiago Sobrino
Concello e Lugar: Maceda
Puntuación: 54,16
Orzamento Aceptado: 59.990,00 €
Porcentaxe axuda: 45,83%
Contía Axuda: 27.493,42€
INCIDENCIA NO EMPREGO
Nº de UTAS Consolidados: 2,16
Nº de UTAS Xerados: 1
O promotor dispón actualmente dun local no centro de Maceda adicado á venta de plantas, sementes e outro tipo de produtos, pero é un local pequeno e insuficiente para ofrecer un maior elenco de produtos, polo que busca a súa ampliación e o investimento tamén servirá para mellorar a calidade dos produtos ofrecidos á clientela.
Polo tanto, o proxecto consistirá na construción dun invernadoiro e das instalacións auxiliares, con destino ao almacenamento e comercialización de plantas hortícolas e ornamentais.
A produción das plantas será en viveiros. A fase de produción será realizado por empresas alleas ao invernadoiro proxectado. As plantas serán recibidas en bandexas de poli-expan ou en bandexas de PVC estandarizados que facilitan o seu manexo e transporte. Unha vez xerminadas, nas mesmas bandexas son expostas para a súa venda nas instalacións proxectadas, controlando en todo momento as condicións de luz, temperatura, humidade e abonado, tanto no interior do invernadoiro, como na zona exterior destinada a exposición.
Complementariamente, nas instalacións, na zona de venta e exposición, o promotor ten previsto un pequeno espazo de venta de produtos/equipacións de protección individual (EPIs) inherentes á actividade principal.
A calidade das plantas, o éxito de Agro Maceda
Óscar Santiago leva 20 anos neste sector agrícola, aínda que a tenda é de recente apertura.
Na súa tenda hai produtos de xardinería, sementes, plantas, produtos fitosanitarios, abonos, fertilizantes, piensos, árbores de tempada, ferramentas e maquinaria precisa de xardinería. Aquí acode a veciñanza de Maceda pero tamén de lugares limítrofes, tal e como conta Óscar. Achéganse ata o seu negocio pola garantía e a calidade dos produtos que ofrece, pola confianza que lles aporta, xa que sempre estivo neste sector e intenta ofrecer os mellores produtos.
A ilusión por aumentar este negocio apareceu na pandemia producida pola COVID 19, xa que este foi unha tenda que non se pechou debido a que se consideraba de primeira necesidade e a xente púxose a facer moitas cousas nas casas e precisou dunhas instalacións máis grandes para poder dotar aos seus clientes de todas aquelas cousas que precisaban.