Planta móbil para o tratamento de residuos pétreos na construcción

Proxectos Produtivos – Entidades Privadas

Expediente:  L18-19.20-10-0119
Promotor: Construcciones José Manuel Portela Seguín SLU
Concello e Lugar: Os Blancos
Puntuación: 84
Orzamento Aceptado: 451.413,46 €
Porcentaxe axuda: 50%
Contía Axuda: 200.000,00 € *axuda máxima

INCIDENCIA NO EMPREGO
Nº de UTAS TOTAIS:
6,84
Nº de UTAS CREADOS (grupos desfavorecidos):
2 UTA; 1 UTA >45 ANOS

Proxecto dunha obra civil e tamén de dotación de equipos para a instalación dunha planta móbil de triturado de residuos pétreos da construción.

A empresa, José Manuel Portela Seguín SLU, actuará dentro da planta coma fóra, é dicir, realizará desprazamentos coa maquinaria onde sexa preciso facer unha recollida e tratado dos residuos. A máquina tamén separará os materiais para a súa reciclaxe.

Dito proceso realizarase da seguinte maneira:
• Recollida do material en contedores, onde estará todo mesturado.
• Traslado á planta.
• Tratado e separación dos residuos.
• Traslado deses materiais a puntos específicos para o seu correcto reciclado.
• Os residuos sólidos de cemento, pedra e ladrillo serán tratados e reciclados para utilizar novamente en recheos.
• Para iso, serán triturados do tamaño preciso para o seu emprego como recheo.
• Unha vez elaborado, o produto final será comercializado con empresas de asfaltado e construción.

Segundas oportunidades para o material da construción

José Manuel Portela decidiu no 2018 ampliar a súa empresa para poder ofrecer un servizo que non existía na zona: a reciclaxe do escombro da construción. Antes disto, só se dedicaba á albanelaría tradicional, pero decidiu ampliar a oferta de servizos da empresa cunha nova liña de traballo.

Cas súas máquinas separa correctamente os metais e os plásticos dos resíduos pétreos das obras. Posteriormente, trituran os materiais de escombros pétreos e transfórmaos en materiais útiles para empregar en novas obras.

Este novo servizo da súa empresa, chegou nun momento no que era moi necesario polo endurecemento das normativas para o tratamento dos resíduos e escombros das obras. Ademais, consegue que os materiais pétreos se poidan reutilizar, evitando así a sobreexplotación do medio ambiente para conseguir novos materiais.

Aínda que os seus clientes pertencen á zona da Limia, tamén se despraza a calquera zona de Galicia para realizar o correcto tratamento dos residuos nas obras. Ca implantación deste sistema, José Manuel puido xerar novos postos de traballo na zona e consolidar os existentes.

Imaxe Previa Execución

Imaxes Proxecto Executado

Planta móbil de residuos pétreos

Logos financiamentos GDR