Cosmética Natural Terra – Acondicionamento dun espazo para a posta en marcha dun obradoiro de elaboración de cremas artesanais
Proxectos Produtivos
Expediente: L18-19.20- 10-0078
Promotor: Aida Fróiz González
Concello do investimento: Celanova
Puntuación: 77
Orzamento Aceptado: 20.986,18 €
Porcentaxe axuda: 50%
Contía Axuda: 10.493,09 €
INCIDENCIA NO EMPREGO
Nº de UTAS Totais a crear: 1
Nº de UTAS a crear pertencentes a colectivos desfavorecidos
Mulleres: 1
Proxecto de reforma dunha edificación para instalar o obradoiro e almacén de Cosmética Natural Terra, así como o acondicionamento de 6000 metros cadrados de terreo para a produción de plantas aromáticas e a instalación de 10 colmeas para a produción de cera.
A construción deste obradoiro permite a creación dun proxecto de elaboración de cremas corporais de xeito artesanal, onde o proceso será completado integramente, desde a recolección de materias primas (flores, tallos, raíces, cera de abella, etc.) ata a comercialización; pasando pola elaboración e envasado das cremas.
Natureza na túa pel
No ano 2018, despois de anos de estudo e investigación, xorde Cosmética Natural Terra, un proxecto que pretende utilizar a natureza como aliada para coidar da nosa pel.
Detrás desta idea atópase Aida, formada en estética e con experiencia realizando tratamentos de cosmética facial e corporal. Tras a aparición dunha afección na pel por mor do seu traballo, decidiu facer un cambio no seu modo vida, centrándose no coidado da saúde a través da alimentación e da cosmética. Desde aquela, Aida e o seu marido Andrés viven no Val de Mourillós, apostan por un modo de vida tranquilo e sostible, nun entorno natural, no que poder aproveitar os recursos do medio e coidar da súa saúde.
A natureza proporciónalle os ingredientes principais para crear produtos alternativos á cosmética convencional. Utiliza plantas de recolección propia, tanto silvestres como de cultivo propio, e produtos ecolóxicos e orgánicos de alta calidade. O seu proceso de creación é anual e limitado, e está supervisado coidadosamente polo ministerio de sanidade e consumo. Deste modo, crea cremas artesanais de calidade, respectuosas coa pel e co entorno.
Terra é máis que un pequeno negocio, é un estilo de vida en consonancia coa natureza.