Couto Mix-Tour: iniciativas para frear a despoboación
Proxectos Produtivos – Entidades Privadas

Expediente: L19-19.20-10-0141
Promotor: Javier Morales López
Concello e Lugar: Meaus, Baltar (Ourense)
Puntuación: 72
Orzamento Aceptado: 165.024,66 €
Porcentaxe axuda: 50%
Contía Axuda: 82.512,33 €
INCIDENCIA NO EMPREGO
Nº de UTAS Consolidados: 2,5
Nº de UTAS Xerados: 5
O promotor vai crear unha actividade nova na aldea de Meaus, en Baltar (Ourense). Esta aldea foi unha das que formou o Couto Mixto, territorio independente de España e Portugal ata 1864. A súa historia e cultura está recollida en múltiples publicacións. Vaise crear un espazo turístico e de aproveitamento da propia historia.
Este proxecto ten tres patas:
- Restaurante-tenda
- Casa de turismo
- Centro de ocio
As dúas últimas levaranse a cabo con edificacións de aluguer que non precisan grandes investimentos. A máis custosa é a primeira opción, o restaurante-tenda, que é para o que se solicita a axuda.
Proxecto colaborativo en Meaus
A empresa Couto Mix-Tour naceu co obxectivo de frear a despoboación en Meaus. Ofrecen aos seus visitantes aloxamento, restaurante e actividades diversas. Do mesmo xeito, aos traballadores que teñen contratados, ofrécenlles traballo e vivenda.
No seu momento, a súa idea era alugar as casas que se estaban quedando vacías, pero a realidade foi diferente. Os veciños cederon as súas casas sen cobrar alugamento a cambio de que se coidaran as casas e que non acabasen caendo como pasa coas vivendas que se quedan vacías durante anos no rural e das que ninguén se responsabiliza. Esta é a realidade do proxecto: nace como iniciativa para que a aldea non desapareza e o que aparece e medra é a colaboración de todos.
Javier Morales, responsable do Couto Mix-Tour, explica que este proxecto está tendo un impacto positivo na zona. “No solo en la aldea, porque las personas también van a comer a otros restaurantes, van a comprar al supermercado…” e todos se acaban beneficiando e Meaus vai medrando.
O seu restaurante está abrindo actualmente só as fines de semana e ofrece menú ou plato típico, entre os que destacan o espeto e a cataplana. Está nunha zona fronteiriza, entón recibe visitas tanto de portugueses coma españois.
Entre as actividades que están dispoñibles a que máis destaca entre os usuariso é o scape room, que serve para coñecer a cultura da zona onde se atopan os viaxeiros. Para todo tipo de actividades contan con outras empresas da zona e veciños.
Couto Mix-Tour tamén colabora con programas de voluntariado e de Erasmus, abrindo as opcións a outros países, para que os máis mozos coñezan a vida no rural e intentar repoblar e facer frente ás cifras de xente maior na zona.