Creación dunha produtora audiovisual e medioambiental

Proxectos Produtivos – Entidades Privadas

Expediente: L21-19.20- 10-0269
Promotor: Sterna Xestión Ambiental S.L.
Concello e Lugar: Vilameá (Lobios)
Puntuación: 65,48
Orzamento Aceptado: 52.288,54 €
Porcentaxe axuda: 50%
Contía Axuda: 26.144,27€

INCIDENCIA NO EMPREGO
Nº de UTAS Consolidados:
1,24
Nº de UTAS Xerados:

Esta iniciativa pretende poñer en marcha unha nova liña de traballo de produción audiovisual especializada en natureza. A creación desta nova actividade na empresa ten como base a experiencia previa e coñecemento do medio natural á vez que na formación continua, co mantemento da actividade empresarial especializada. Permitirá poñer en valor os recursos naturais da Baixa Limia e ofertar un produto con cada vez maior demanda en canto a contidos audiovisuais sobre o medio natural.

Os obxectivos principais son:

  • A creación dun área de produtos audiovisuais especializada en imaxes de natureza (flora fauna paisaxes).
  • Consolidar o proxecto de empresa de servizos medioambientais na Baixa Limia.
  • Acceder en mellores condicións á internacionalización no Norte de Portugal e consolidar o proxecto de empresa de servizos medioambientais na Baixa Limia.
  • Poñer en valor os recursos naturais da Baixa Limia, con especial atención á paisaxe, flora e fauna.
  • Acadar a mellora do estado de conservación da biodiversidade (hábitats e especies) mediante a divulgación e concienciación ambiental.
  • Xerar dinámicas de colaboración coas empresas e distintos actores implicados na oferta turística e de aproveitamento respectuoso do medio ambiente na Baixa Limia.
  • Promover actitudes respectuosas co medioambiente baseadas no coñecemento e divulgación dos valores naturais e coñecemento da problemática de conservación. Empregar e favorecer o uso de enerxía renovables.
  • Recuperación e integración arquitectónica dunha edificación na aldea de Vilameá, Parroquia de Riocaldo, Lobios.

Produción especializada no medio natural

Alberto leva 25 anos traballando co medio, co monte e coa natureza. Os seus anos de experiencia permítenlle ter un coñecemento do entorno que non todos temos, polo que decidiu apostar por crear unha produtora audiovisual centrada no medio como algo complementario á súa actividade principal.

Moitos clientes pedíanlle facer cousas do sector audiovisual como poden ser vídeos, documentais, imaxes, incluso gravacións de sons do entorno natural ou dos animais e por iso se animou. “As produtoras non son especializadas neste tema. Se traballas no monte sabes o que hai e podes traballar mellor”, indica Alberto.

Realiza encargos de cousas moi concretas que lle piden, xa que tamén os medios dos que dispón son limitados pero ao ter os coñecementos o traballo sempre sae mellor. É un traballo especializado que cobra moito valor nas mans indicadas.

Para Alberto, emprender no rural é complicado, pero sempre hai que aproveitar as oportunidades e ir “sumando e sumando”, como el di. O máis importante é ter a capacidade e o interese, o resto pode ir saíndo.

Imaxe Previa Execución

Imaxes Proxecto Executado

Produtora audiovisual e medioambiental

Logos financiamentos GDR