Dinamización do espazo histórico-xeográfico do Couto Mixto

Proxectos Non Produtivos – Entidades Públicas

Expediente: L21-19.20- 10-0239
Promotor: Concello de Calvos de Randín
Concello e Lugar: Calvos de Randín
Puntuación: 57
Orzamento Aceptado: 28.193,00 €
Porcentaxe axuda: 75,56%
Contía Axuda: 21.302,63€

INCIDENCIA NO EMPREGO
Nº de UTAS Consolidados:
Nº de UTAS Xerados:

Dinamización do espazo Histórico-Xeográfico do Couto Mixto a través do seu patrimonio Arqueolóxico coas seguintes actuacións:

  • Escavación da muralla no Castelo da Piconha.
  • Limpeza e definición de restos visibles na Aldea de Pena.
  • Limpeza e definición de restos visibles na tumba do Rei da Piconha.

OBXECTIVOS:

Nesa valorización do patrimonio cultural xira esta proposta, na que se inclúe a creación dun recurso que poderá ser aproveitado para a posta en marcha de actividades que contribúan e faciliten a creación de oportunidades laborais e mellora do entorno económico.

A actuación proposta entra dentro das medidas específicas encamiñadas a mellorar o ambiente e o medio rural, a través da valoración do patrimonio cultural e o seu medio.

O proxecto ten un interese público e colectivo, que afecta e beneficia dalgún xeito ao conxunto da poboación e as sociedade en xeral, e que supón o inicio e o desenvolvemento dun produto que contribuirá a sustentar actividades económicas que xiren arredor da explotación do recurso cultural posto en valor ou visibilizado.

Logos financiamentos GDR