Disco de Ensemble Hotteterre – Gravación dun disco dentro do proxecto de recuperación da gaita de fole para a música de cámara
Proxectos Non Produtivos – Entidades Privadas
Expediente: L19-19.20- 10-0160
Promotor: Fundación Vicente Risco
Concello do investimento: Allariz
Orzamento Aceptado: 4.132,00 €
Porcentaxe axuda: 49,27 %
Contía Axuda: 2.035,84 €
Proxecto de recuperación da música da gaita de fol para a música erudita a través da gravación dun disco do grupo Ensemble Hotteterre, co que se pretenden dar a coñecer as innovacións que realizou Jacques-M. Hotteterre (músico da corte de Luís XIV e Luís XV de Francia) no mundo da música de cámara.
Recuperar espazos para a gaita de fol
Ensemble Hotteterre é un grupo de cámara residente na Fundación Vicente Risco, que se dedica ao ao estudo e interpretación do repertorio historico-erudito da gaita de fol anterior a 1800, tendo en conta son, repertorio e técnica.
O grupo toma o seu nome de Jacques Hotteterre, compositor, gaiteiro, frautista e construtor de instrumentos do século XVIII, quen foi mestre de capela da corte dos reis franceses Luís XIV e Luís XV, onde a gaita de fol era o instrumento protagonista.
Este grupo está formado por Paulo Gonçalves (dirección e gaita de fol), Ánxela Vidal Trabada (gaita de fol), Xurxo Fernández (gaita de fol), Hugo Sanches (tiorba) e Xurxo Varela (viola de gamba).
No ano 2019 levaron a cabo a gravación dun disco, que supón difundir o seu traballo de recuperación sobre a utilización da gaita de fol nos ambientes nobres, e divulgar unha dimensión practicamente descoñecida do uso da gaita.
Ademais dos labores de estudo e interpreteación, este grupo conta cun proxecto artístico-educativo chamado Officina Utricularii, co que pretenden consolidar un punto de ensino e estudo da gaita de fol en Galicia, con aulas, cursos e seminarios teórico-prácticos.
En definitiva, o grupo Ensemble Hotteterre, pretende recuperar un espazo para a gaita que estaba esquecido en Galicia.
Imaxes Proxecto Executado