Dixitalización Asociación Cultural e Veciñal San Breixo de Pidre

Proxectos Non Produtivos – Entidades Privadas

Expediente: L21-19.20-10-0259
Promotor: Asociación Cultural e Veciñal San Breixo de Pidre
Concello e Lugar: Pidre (Xinzo de Limia)
Puntuación: 55
Orzamento Aceptado: 1.237,00 €
Porcentaxe axuda: 67,27%
Contía Axuda: 832,13€

Os recursos da axuda irán destinados a dotar a Asociación Cultural e Veciñal de San Breixo de Pidre dunha ferramenta informática que permita aos socios a participación nos proxectos de dinamización sociocultural que a asociación pretende realizar.

É unha asociación de recente creación que comezan a súa andaina na antiga escola rural do pobo cedida para o seu uso polo Concello de Xinzo de Limia. As instalacións non dispoñen de ningún equipamento informático nin audiovisual que facilite o desenvolvemento e execución do conxunto de actividades de forma axeitada.

A asociación dirixe as súas actividades a promover a participación das veciñas e veciños na vida pública co fin de potenciar o benestar social e mellorar a calidade de vida no rural, así como difundir e defender valores de igualdade entre a veciñanza especialmente no relativo ao xénero e defender sectores sociais desfavorecidos loitando contra a exclusión sen esquecer as necesidades da poboación envellecida, predominante no pobo. Tamén promove patróns da vida saudable e a recuperación do patrimonio comunitario así como o desenvolvemento e mellora na cultura na aldea de Pidre. Polo tanto é preciso un equipo informático completo.

Punto de encontro en Pidre

Cristina é a presidenta da Asocación Cultural e Veciñal de San Breixo de Pidre, unha parroquia que ten unha ducia de casas habitadas entre semana.

Para loitar en contra do despoboamento e da soidade, naceu esta Asociación no ano 2020 que ten como local social a antiga casa escola. Decidiron amañar a segunda parte da casa e agora alí, grazas á adquisición deste equipo informático, a propia Asociación pode facer a súa propia xestión. Teñen pendente acondicionar a planta baixa.

Ademais disto, permite que sexa un punto de encontro para diversas actividades. Por exemplo, Cristina sinala que un par de nenos xogan ao xadrez e que decidiron organizar torneos onde se implicara máis xente e ás veces o profesor vailles dar a clase alí ao local social, empregando tamén o equipo máis o proxector para explicar.

Un dos grandes problemas aos que hai que facer fronte é o envellecemento da poboación. Por iso se realizan eventos para interactuar os máis novos cos máis maiores: magosto, San Xoán, reunións de comunidade… “Fixemos unha exposición de fotos antigas, onde aparecían os avós das persoas que hoxe teñen 80 anos e onde saían facendo os labores da época”, comenta Cristina, e isto sirviu para que se transmitira a cultura e o pasado entre as xeracións.

Ao comezar en plena pandemia tiveron que cancelar moitos plans, pero siguen organizando actividades e teñen en mente outras como proxeccións de películas, manualidades…

Pouco a pouco irán medrando, involucrando á xente e aínda que pasou pouco tempo desde a posta en marcha da asociación, Cristina está “contenta co que se leva feito”.

Imaxe Previa Execución

Imaxes Proxecto Executado

Local social Asociacón San Breixo de Pidre

Logos financiamentos GDR