Ecovía interpretativa do patrimonio natural e etnográfico dos ríos do Xurés
Proxectos Non Produtivos – Entidades Privadas
Expediente: L21-19.20- 10-0267
Promotor: Asociación de Veciños Amigos do Río Mao
Concello e Lugar: Puxedo (Lobios)
Puntuación: 61
Orzamento Aceptado: 30.197,02 €
Porcentaxe axuda: 72,73%
Contía Axuda: 21.962,29€
INCIDENCIA NO EMPREGO
Nº de UTAS Consolidados:
Nº de UTAS Xerados:
O proxecto para a creación dunha ecovía interpretativa no río Mao, entre os lugares de A Cela e Puxedo, consistiría en:
- Acondicionamento de sendeiro nunha marxe do rio incluíndo ampliación e explanación ata 1 metro de ancho e colocación de escaleiras e pasos de madeira en determinados puntos da mesma.
- Roza en franxas de protección contra incendios forestais nas marxes da ecovía (tramo de camiño existente e sendeiro a acondicionar, deixando sen actuar en tramo sobre estrada de titularidade provincial).
- Sinalización da totalidade da ecovía, de carácter xenérico do conxunto no punto de inicio e remate da ruta e direccional en puntos significativos do traxecto.
- Traballos silvícolas de axuda á rexeneración da vexetación de ribeira, rozas sobre o mato e limpezas de abrochos, podas e desmochado de vexetación existente.
- Creación de centro interpretativo no interior dun muíño. Inclúe o encintado da cara interior dos seus muros en pedra de cachotería, colocación de porta de madeira de castiñeiro no oco da entrada, o seu equipamento cun kit solar fotovoltaico illado para a xeración de enerxía eléctrica e a colocación de instalación eléctrica para o alumeado no seu interior.
- Adquisición e colocación no interior do centro interpretativo de 4 paneis interpretativos da flora, fauna, augas e etnografía asociada ó ecosistema dos ríos do Xurés.
Desta forma, conseguiríase o obxectivo global marcado pola Asociación de Veciños Amigos do río Mao nunha vertente múltiple de mellora ecolóxica, social, cultural e económica do ámbito xeográfico de influencia da bacía do río Mao, plasmada nos obxectivos específicos seguintes:
- Recuperación dun espazo natural degradado como son os bosques ripícolas como protector e regulador dos ecosistemas dos cursos fluviais e das súas ribeiras, a maiores, nun entorno de especial valor ambiental como é a Serra do Xurés e do ámbito próximo ao parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, Rede Natura, Reserva da Biosfera e Zepa.
- Conservación do patrimonio cultural e etnográfico tradicional relacionado cos cursos fluviais como son os muíños de auga e a súa posta en valor como recurso didáctico para os visitantes.
- Aproveitamento dos valores da zona do Xurés (ambientais, paisaxísticos, culturais…) con fins sociais e económicos, por medio da creación de recursos tanto turísticos para os visitantes, como de lecer e ocio da poboación residente.
4 quilómetros para contemplar a contorna do río Mao
A Asociación de Veciños Amigos do río Mao decidiu poñer en marcha este proxecto para darlle valor a dito río, que desemboca no río Xallas e o ao seu entorno, como poden ser as zonas de Gralleiras e Fontefría.
O río Mao é un río de montaña que no seu día abastecía de auga ás parroquias polas que pasaba e que tamén servía para moer. Son 10 os muíños que se atopan nesta zona e que se empregaban para moer o cereal, actividade moi común na zona. Pablo, o responsable do proxecto, sinala que dende hai uns 5 anos xa foron rehabilitados 8 e un deles conta cunha recreación sobre a moenda.
Polo tanto, consiste nunha ruta interpretativa de muíños, moenda, fauna e flora, que para eles é moi importante conservar e coidar. Deste xeito, recupérase o entorno do río con 4 quilómetros de ecovía.
Nunha primeira instancia recuperouse o camiño e mellorouse a accesibilidade para posteriormente poder limpar e sinalizar. Están a rematar a sinalización nos muíños e para finais de outubro ou comezos de novembro de 2022 estará todo listo para o desfrute de todos.
Os veciños deste concello de Lobios son moi conscientes de valorar e coidar o que os rodea, polo que teñen moitas iniciativas que xiran ao redor desta idea.
Imaxe Previa Execución
Imaxes Proxecto Executado