El Edén – Posta en marcha dunha empresa de xardinaría
Proxectos Non Produtivos – Entidades Privadas

Expediente: L17-19.20-10-0028
Promotor: Manuel González García
Concello do investimento: Porqueira
Puntuación: 86
Orzamento Aceptado: 35.381,86 €
Porcentaxe axuda: 50%
Contía Axuda: 17.690,93 €
Axuda percibida en función do investimento xustificado: 17.505,87 €
INCIDENCIA NO EMPREGO
Nº de UTAS Xerados: 2
Nº de UTAS a crear pertencentes a colectivos desfavorecidos
Mulleres: 1
Proxecto de creación e posta en marcha dun servizo de deseño e mantemento de xardíns no concello de Porqueira. Para isto, requírese un investimento en compra de terreos e maquinaria, así como en obra civil.
Froito da crecente demanda do servizo de deseño e mantemento de xardíns e árbores froiteiras, así como outros traballos derivados da profesión de xardinería, xorde o proxecto El Edén. O seu obxectivo principal é xerar e manter unha carteira de clientes fixa ofrecendo uns servizos con calidade, sendo na actualidade a única empresa da localidade adicada a desenvolver este tipo de traballos.
Xardíns á medida de cada casa
A aposta de Manuel e Isabel polo rural levounos a poñer en marcha un proxecto propio, que lle permitise desenvolver a súa actividade laboral en contacto coa natureza, co mundo rural e co que poder axudar á veciñanza. Así nace a empresa de xardinaría El Edén, que abre as súas portas no concello de Porqueira no 2017.
Acondicionar espazos privados para a creación de xardíns e a instalación de piscinas é unha das principais demandas deste negocio, dando lugar a espazos acolledores, lugares idílicos ou pequenos paraísos dos que desfrutar con familia e amizades. Non obstante, esta empresa tamén leva a cabo labores de mantemento do céspede, instalacións do mellor sistema de rego para cada caso ou plantación de árbores e arbustos ornamentais. Un traballo e asesoramento completo que che axudará a coidar do teu xardín da mellor maneira posible.
Este proxecto de acondicionamento, creación e mantemento de xardíns bebe da ilusión de traballar desde o rural e innovar na oferta de servizos para a súa clientela, aconsellada sempre por profesionais e acadando resultados moi satisfactorios.
Imaxes Proxecto Executado