Equipamento para o fogar residencial de Porqueira

Proxectos Non Produtivos – Entidades Públicas (Concellos)

Expediente: L18-19.20-10- 0113
Promotor: Concello de Porqueira
Concello e Lugar: Concello de Porqueira
Puntuación: 81. Prioridade alta
Orzamento Aceptado: 122.372,14 €
Porcentaxe axuda: 90%
Contía Axuda: 110.134,93 €

Este proxecto consiste na dotación de equipamento e mobiliario necesario para a posta en marcha e apertura do fogar residencial de persoas maiores do Concello de Porqueira, persoas de terceira idade, dependentes ou non dependentes.

O centro terá capacidade para albergar a 24 residentes. Os servizos serán de residencia permanente, polo que disporán de servizo de comedor, atención médica, servizos de enfermería, fisioterapia, actividades lúdicas…

Coidado e atención do maior en Porqueira

O Concello de Porqueira decidiu poñer en marcha un centro residencial para o coidado das persoas maiores da zona.

Abriu cunha capacidade de 25 prazas e contando con profesionais como ATS – Axudante Técnico Sanitario -, fisioterapeuta e unha traballadora social. Os espazos da residencia son amplos e o suficientemente cómodos para todos, como se pode ver nas imaxes, ademais de conar con amplas zonas de recreo. Aquí intentan facer actividades e talleres que lles axuden aos residentes, como talleres de estimulación cognitiva ou servizos de rehabilitación para mellorar a súa calidade de vida.

Ademais de outorgar o servizo específico para a xente maior, tamén levou consigo a creación de emprego e dinamización económica e social do municipio, o que se traduce nun impacto positivo para Porqueira. Isto fixo que outros concellos e municipios da contorna se fixaran nel e a lista de espera comezou a medrar.

Por iso, este centro residencial ampliouse no ano 2021 para duplicar as súas prazas, para seguir ofrecendo aos seus cocidadáns o maior número de servizos e de mellor calidade, que lles permita pasar o tempo rodeados de coidados e das atencións que precisan.ç

Este tipo de iniciativas, como as da Casa do Maior, son proxectos necesarios e ben acollidos naqueles concellos onde a poboación está cada vez máis envellecida e vive en soidade.

Imaxe Previa Execución

Imaxes Proxecto Executado

Centro Residencial de Porqueira

Logos financiamentos GDR