Foxo do lobo de Covateiras – Posta en valor do patrimonio de Bande
Proxectos Non Produtivos – Entidades Públicas
Expediente: L19-19.20-10-0135
Promotor: Concello de Bande
Concello do investimento: Bande
Puntuación: 65
Orzamento Aceptado: 27.817,90 €
Porcentaxe axuda: 84,44%
Contía Axuda: 23.489,44 €
Proxecto de recuperación e posta en valor do Foxo do lobo das Covateiras, unha actuación innovadora de recuperación do legado cultural na comarca.
Unha iniciativa coa que o Concello de Bande pretende dinamizar o territorio a través da recuperación do patrimonio, incidindo na mellor conservación do entorno rural, aumentando o valor do recreo público do monte e concienciado á poboación sobre a conservación e o respeto polo entorno natural e patrimonial. Á súa vez, a promoción e posta en valor deste elemento patrimonial repercute positivamente na economía local ao atraer turismo á zona.
Construcións únicas e patrimonios descoñecidos
Os foxos do lobo son un tipo de construcións ideadas polas comunidades gandeiras, utilizadas entre os séculos XV e XIX, para a caza dos lobos. Existen diferentes tipos, segundo a súa forma e complexidade. Estas singulares construcións son tan descoñecidas como abundantes, especialmente na Serra do Xurés, onde atopamos a maior concentración de foxos do lobo do mundo. Entre eles, atópase o Foxo do lobo de Covateiras, situado no concello de Bande.
Este foxo era utilizado polos veciños de Bande, Verea e A Limia para batir ó lobo, e trátase dunha construción en cruz, unha tipoloxía que conta con catro muros, que converxen nun foxo central, abarcando os catro puntos cardinais e facilitando así a caza do animal. Esta tipoloxía é única en toda a Península, a exepción doutro foxo de características similares en Vilariño de Conso.
O proxecto arqueolóxico de recuperación e posta en valor do foxo de Covateiras comezou no ano 2009 e consistiu no desenvolvemento de traballos topográficos, de documentación e reconstrucción. David Pérez López foi o arqueólogo encargado de dirixir este proxecto, acompañado por un equipo multidisciplinar de arqueólogos, restauradores, canteiros e brigadas de limpeza de monte.
Grazas ao seu traballo, hoxe en día, parte dos muros están levantados e recuperouse completamente o oco central, que conta con 5 metros de diámetro e entre 2 e 3 metros de profundidade.
Imaxe Previa Execución
Imaxes Proxecto Executado