Gandería e Carnicería Lage – Acondicionamento dun espazo para instalar unha carnicería

Proxectos Produtivos

Expediente: L19-19.20- 10-0133
Promotor: María Isabel Fernández Álvarez
Concello do investimento: Maceda
Puntuación: 81
Orzamento Aceptado: 59.904,53 €
Porcentaxe axuda: 50%
Contía Axuda: 29.952,27 €

INCIDENCIA NO EMPREGO
Nº de UTAS Consolidados:
1
Nº de UTAS Xerados:
1

Proxecto de reforma dun baixo e instalación do equipamento necesario para instalar a Carnicería Lage, que aposta pola carne de vacún de raza caldelá. O acondicionamento deste espazo supón a instalación dun espazo de venda ao público, zona de despece, envasado e cámaras frigoríficas, así como a compra de toda a maquinaria necesaria para o tratado e envasado de carne de vacún da súa propia explotación gandeira de raza autóctona.

Aposta pola vaca caldelá en Foncuberta

Na aldea de Foncuberta, pastando entre piñeiros, freixos e bidueiros, atópanse as máis de cen vacas caldelás de Juan Manuel e Isabel, que conforman a explotación de Gandería Lage.

A caldelá é unha raza de vaca autóctona galega, típica da comarca da Terra de Caldelas, moi próxima á comarca da Limia. É unha vaca moi dócil que se adapta moi ben ao aproveitamento do pasto de alta montaña. Esta raza é coñecida polas súas dotes de traballo e a súa fortaleza, porén, a súa carne é moi descoñecida e está pouco valorada polo mercado, pese a ser dunha alta calidade e dun sabor excepcional.

Despois moitos anos traballando coa vaca caldelá, no ano 2019, este matrimonio abriu a Carnicería Lage para comercializar o seu propio produto e poñer en valor a carne de tenreira caldelá. Desde entón, eles mesmos se encargan do proceso de cría, despece e envasado para a posterior venda da carne. A carnicería non é a súa única de vía de comercialización, senón que dispoñen dun servizo de reparto a domicilio para as familias da contorna e tamén fan envíos aos fogares e restaurantes de toda a península, que cada vez comezan a apostar e valorara máis a calidade das razas autóctonas.

Imaxe Previa Execución

Imaxes Proxecto Executado

Carnicería Lage

Logos financiamentos GDR