Géminas, vivenda comunitaria para persoas maiores

Proxectos Produtivo

Expediente: L20-19.20-10-0226
Promotor: David Fernández Martínez
Concello e Lugar: Piñeira de Arcos – Sandiás (Ourense)
Puntuación: 80
Orzamento Aceptado: 225.065,26 €
Porcentaxe axuda: 50,00 %
Contía Axuda: 100.000,00 € (axuda máxima EDLP GDR Limia-Arnoia)

INCIDENCIA NO EMPREGO
Nº de UTAS Xerados:
4

Este proxecto consiste na posta en marcha dunha vivenda comunitaria con servizo de atención a domicilio no concello de Sandiás, en Ourense, que desenvolverá a súa actividade como vivenda comunitaria de conformidade co establecido na normativa autonómica respecto a isto nesta materia.

A empresa, que operará tanto nas instalacións como nos domicilios dos clientes, prestará servizos básicos para o desenvolvemento da vida e independencia de calquera persoa maior de 65 anos.

Envellecemento activo en Piñeira de Arcos

A Vivenda Comunitaria Géminas é un proxecto que viu a luz para combater o aillamento e a soidade das persoas.

Atópase no entorno natural de Piñeira de Arcos, na Lagoa de Antela, un lugar que lles permite aos usuarios seguir facendo a súa vida con total normalidade e intimidade. Conta con 12 prazas autorizadas para persoas válidas e de grado I, maiores de 65 anos.

Géminas ofrece dende servizos básicos como lavandería, menú adaptado ás necesidades particulares de cada persoa, Plan de Atención Individualizada (PAI), animación sociocultural, ximnasia de mantemento ata acompañamento en xestións privadas, a consultas médicas e urxencias, servizo de perruquería, fisioterapia e podoloxía.

Para eles o máis importante é facilitarlles aos seus usuarios un envellecemento activo, onde a clave está en respectar a súa autonomía e intimidade, atendelos de xeito personalizado e con calidade, axudando así a pasar os anos rodeados de outras persoas que lles fagan compañía e deixar a un lado a soidade, facendo deste centro comunitario un espazo aberto ás relacións humanas que axuden a fortalecer o sentimento de seguridade nas persoas.

Imaxe Previa Execución

Imaxes Proxecto Executado

Vivenda comunitaria Géminas

Logos financiamentos GDR