Gravación disco Ensemble Hotteterre

Proxectos Non Produtivos – Entidades Privadas

Essemble Hotteterre é un grupo residente na Fundación Vicente Risco que está a traballar na recuperación da gaita de fole para a música erudita. Nos últimos 5 anos, a través da oficina utriculari, imparten seminarios mensuais aos que acuden músicos para estudar o uso da gaita na  música de cámara.

A Fundación Vicente risco presenta este proxecto , gravando un disco que pretende dar a coñecer as innovacións que no mundo da música de cámara realizou Jacques-M. Hotteterre, músico da corte de Luís XIV e Luís XV de Francia, e un dos máximos representantes do uso da gaita de fole no que denominamos música erudita.

Imaxe carátula disco

Expediente:  L19-19.20- 10-0160

Promotor
Fundación Vicente Risco

Concello e Lugar
Allariz

Contía Axuda: 2.035,84 € 

Parque Arqueolóxico de Monte Grande 2