Hotel Celanova – Mellora de servizos e ampliación de capacidade

Proxectos Produtivos

Expediente: L18-19.20-10-0112
Promotor: ALQUIMIA HOTELES S.L.
Concello do investimento: Celanova
Puntuación: 70
Orzamento Aceptado: 114.970,06 €
Porcentaxe axuda: 50%
Contía Axuda: 50.895,43 € *expte. con reserva de fondos por un total de 6.589,60 €

INCIDENCIA NO EMPREGO
Nº de UTAS Totais a crear: 1
Nº de UTAS a crear pertencentes a colectivos desfavorecidos
Mulleres: 1
Maiores de 45 anos: 1

Proxecto de ampliación para aumentar a capacidade e mellorar os servizos do Hotel Celanova, para así acadar a categoría de dúas estrelas superior, segundo o decreto 57/2016, do 12 de maio. O Hotel Celanova é o único establecemento hostaleiro na vila de Celanova, elemento dinamizador para a economía da vila e da comarca. A reforma permitiu ampliar a súa capacidade (pasando de 39 prazas a 51) e mellorar os servizos do hotel, permitíndolle aumentar da categoría de dúas estrelas á categoría de dúas estrelas superior.

Oportunidade e emprendemento

Marina chegou a Celanova no ano 2016 para reformar un vello hostal e convertelo nun hotel tranquilo e familiar no centro da vila. Despois de 15 anos sen establecementos hoteleiros na vila e tras varias reformas, o Hotel Celanova consolidouse como unha oferta hoteleira de calidade, con moita demanda e visitantes de diferentes partes do mundo.

O rico patrimonio cultural e natural da contorna fai que sexan moitos os visitantes que se achegan á comarca, e o Hotel Celanova ofrécelles a posibilidade de desfrutar da vila nun emprazamento privilexiado e un ambiente tranquilo.

Un exemplo de emprendemento, que dinamiza a economía da vila e atrae aos turistas que queren coñecer as posibilidades que lles ofrece a comarca.

Imaxe Previa Execución

Imaxes Proxecto Executado

Hotel Celanova

Logos financiamentos GDR