Jesús Hernández Álvarez – Instalación dunha caldeira de biomasa para a mellora enerxética dunha granxa
Proxectos Produtivos

Expediente: L18-19.20-10-0121
Promotor: Jesús Hernández Álvarez y otro
Concello do investimento: Lobeira
Puntuación: 67
Orzamento Aceptado: 18.030,00 €
Porcentaxe axuda:50%
Contía Axuda: 9.015,00 €
INCIDENCIA NO EMPREGO
Nº de UTAS Consolidados: 2
Proxecto de substitución dunha caldeira de gasoil por unha nova caldeira de biomasa nunha granxa de porcos situada en Lobeira.
Esta aposta pola mellora da eficiencia enerxética que provén do cambio de caldeira supón para a explotación un aforro superior ao 40% do consumo enerxético procedente da rede eléctrica convencional. Ademais, isto supón un beneficio social e ambiental, máis respectuso co medio.
Aforro enerxético e respecto pola natureza
No concello de Lobeira destacan as actividades económicas dedicadas ao sector primario, especialmente a agricultura e o sector forestal, porén, a gandeiría tamén ten unha gran importancia e atopamos varias explotacións porcinas na zona.
Desprazámonos ata a aldea de San Xes de Vilariño para coñecer unha granxa familiar, xestionada por dous curmáns do municipio. Os seus pais eran socios desta explotación ata fai 15 anos, cando J. Luis e o seu curmán decidiron, non só tomar as rendas da granxa, senón tamén ampliar e mellorar as súas instalacións para acoller aos 2.000 porcos cos que contan as súas instalacións na actualidade.
No 2019 continuaron os cambios nesta explotación e sustituiuse a antiga caldeira de gasoil por un novo sistema de biomasa, baixo a idea de reducir gastos e conseguir un aforro do 40% do consumo eléctrico. Deste modo, os curmás conseguen aforrar e tamén logran ter unhas instalacións máis eficientes e respectuosas coa natureza e o medio que nos rodea.
Imaxes Proxecto Executado