La Vaquería: Obradoiro de carne

Proxectos Produtivos – Entidades Privadas

Expediente: L21-19.20- 10-0243
Promotor: Vaquería da Limia Cooperativa Galega
Concello e Lugar: Xinzo de Limia
Puntuación: 83
Orzamento Aceptado: 59.924,00 €
Porcentaxe axuda: 50%
Contía Axuda: 29.962€

INCIDENCIA NO EMPREGO
Nº de UTAS Consolidados:
2
Nº de UTAS Xerados:
1

Emprazamento nun lugar emblemático como son as prazas de abastos dos concellos que se están quedando despoboadas, para volver a darlle auxe.

O proxecto consiste na instalación dun obradoiro de carne, recollendo persoalmente a materia prima nas explotacións da Limia. Realización de traballos de despece, elaboración, transformación, maduración e envasado de carne para poñer en valor os produtos cerrando o ciclo e reducindo os costes de produción.

Dende o obradoiro farase a transformación e envasado para distribuír, e ofrecer carne galega en formatos diferenciados e innovadores.

A principal idea do proxecto é a elaboración de produtos innovadores para poder ofrecer amais de carne galega de boa calidade, produtos diferenciados de gran variedade.

Dende unha páxina web dinámica, fresca e actualizada para poder ofrecer os produtos de primeira calidade, dende Ourense ata calquera lugar de España nun prazo de 24 horas sen romper a cadea de frío. Contan tamén co Centro Tecnolóxico da Carne para analizar os tenreiros en proteínas, cinsas, humedade, PH, Color, textura, azúcares, etc….

Precisase dotar a instalación da maquinaria necesaria para levar a cabo a transformación e elaborar os produtos finais.

Amais é necesario un vehículo adaptado para facer a recollida da carne e reparto do produto unha vez elaborado, sen romper a cadea de frío.

Logos financiamentos GDR