Laboratorio de informática, coworking e biblioteca Grou Eco-@vanza

Proxectos Non Produtivos – Entidades Privadas

Expediente: L21-19.20- 10-0265
Promotor: Asociación de Veciños de Grou
Concello e Lugar: Silvares de Grou (Lobios)
Puntuación: 45
Orzamento Aceptado: 53.203,70 €
Porcentaxe axuda: 56,38%
Contía Axuda: 30.000€ (límite axuda do GDR10)

INCIDENCIA NO EMPREGO
Nº de UTAS Consolidados:
Nº de UTAS Xerados:

A Asociación de veciños de Grou pretende con esta iniciativa crear un ‘espazo versátil e sostible que albergará un Laboratorio de Informática, coworking e biblioteca’ que nos permita acadar os obxectivos fundacionais da Asociación, entre os que destacan mellorar as condicións de vida e promover o desenrolo social e económico dos habitantes da Parroquia de Grou. A importancia do manexo das novas tecnoloxías polos diversos sectores da poboación, especialmente os colectivos máis vulnerables , e que se acentuou pola Pandemia. Dispoñer destes espazos nun lugar coma Grou ofrece un amplo abanico de posibilidades de cara a unha maior autonomía, enriquecemento persoal, e desempeño de funcións que ata agora non se abordaban por falta de formación e medios. A posibilidade de dispoñer dun espazo versátil, sostible e saudable nun entorno natural, conectado a banda ancha, con fontes de enerxía de orixe renovable e todos os servizos necesarios, amais de optimizar recursos, será a clave para , da man da responsabilidade social, económica e ambiental, sentar a base do desenrolo económico que abrirá unha oportunidade mediante o soporte coworking que se prantexa para teletraballar ou teleformarse. Nesta iniciativa estarán todos os colectivos da Comunidade: persoas en risco de exclusión social, nenos e adolescentes,mulleres e público en xeral.

Este proxecto prantéxase nunha edificación tradicional Catalogada, nun estado de conservación malo que foi cedida pola Diócesis de Ourense para uso comunitario e por un periodo de 15 anos.

Logos financiamentos GDR