LIMISI: Avanzamos deixando pegada – Adqusición dun vehículo adaptado
Proxectos Non Produtivos – Entidades Públicas
Expediente: L17-19.20-10-0059
Promotor: Asociación LIMISI
Concello do investimento: Xinzo de Limia
Puntuación: 59. Prioridade alta
Orzamento Aceptado: 29.600,00 €
Porcentaxe axuda: 78,18%
Contía Axuda: 23.141,28€
Axuda final en función da execución realizada: 17.441,85 €
Proxecto de compra de vehículos adaptados para a asociación LIMISI, prestadora de servizos sociais a persoas con discapacidade intelectual da Comarca da Limia. Desta forma, permíteselles aos usuarios de LIMISI e, tamén a outras persoas con diversidade funcional, desprazarse e evitar as barreiras arquitectónicas da vila, mellorando a súa calidade de vida e fomentando a súa participación social.
Este proxecto ten como principal obxectivo facer accesible o entorno, eliminando barreiras de accesibilidade que impiden ou dificultan o desprazamento e polo tanto a participación activa das persoas con diversidade funcional, o que afecta polo tanto á súa plena inclusión social.
Romper coas barreiras arquitectónicas e sociais
A asociación LIMISI, fundada no ano 2002 en Xinzo de Limia, ofrece información, asesoramento e orientación a familiares de persoas con diversidade funcional, así como tamén leva a cabo un labor de sensiblización da poboación.
Os comezos non foron fáciles, só contaba con catro persoas e o apoio dos seus familiares pero saiu adiante e conta con numerosas persoas voluntarias ao longo do ano. O seu principal obxectivo é o de prestar atención a persoas con discapacidade intelectual sen ter que abandonar os seus domicilios e lugares de residencia.
Aos poucos, esta asociación, agora referencial para toda a comarca da Limia, foi conseguindo unha serie de melloras na independencia e autonomía dos seus socios e socias. A adqusición de vehículos adaptados é un paso máis para conseguir unha maior autonomía das persoas con diversidade funcional e mobilidade reducida, fomentando ao máximo a súa independencia e promovendo a súa inclusión e participación social, de modo que os deprazamentos e as barreiras arquitectónicas non sexan un impedimento para o pleno desenvolvemento da súa vida social, de ocio ou outras necesidades como visitas médicas ou outras xestións da vida cotiá.
Imaxes Proxecto Executado