LIMISI Fogar – Habilitación dunha vivenda tutelada

Proxectos Non Produtivos – Entidades Privadas

Expediente: L20-19.20- 10-0225
Promotor: Asociación LIMISI
Concello do investimento: Xinzo de Limia
Puntuación: 54
Contía Axuda: 8.760,18 €

Proxecto de adaptación e mellora dun espazo para uso como piso tutelado para os e as persoas con diversidade funcional da Asociación LIMISI, prestadora de servizos sociais a persoas con discapacidade intelectual da Comarca da Limia. Esta iniciativa promove a súa autonomía e favorece a integración, ofrecendo un programa de atención contempla e unha asistencia integral ás e aos seus usuarios.

Servizos para todas as demandas

asíNo ano 2002 fundouse a asociación LIMISI, baixo o obxectivo de prestar atención a persoas con discapacidade intelectual sen ter que abandonar os seus domicilios e lugares de residencia. Os comezos non foron fáciles, só contaba con catro persoas e o apoio dos seus familiares pero saiu adiante e converteuse nunha asociación referencial para a comarca da Limia, con numerosas persoas voluntarias ao longo do ano.

Esta asociación, asentada en Xinzo de Limia, ofrece información, asesoramento e orientación a familiares de persoas con diversidade funcional, así como tamén leva a cabo un labor de sensiblización da poboación. Entre os seus servizos destaca o gabinete Educativo-Rehabilitador, formado por un equipo multidisciplinar que ofrece terapia a persoas con necesidades especiais, ademais realiza un traballo de intervención Socio-Educativa de apoio a persoas con diversidade funcional que se atopan en risco de exclusión social de diferentes concellos da provincia de Ourense. Pero, sobre todo, a asociación é coñecida pola xestión dun Centro Ocupacional para persoas con discapacidade intelectual.

Actualmente, a asociación está centrada en poñer en funcionamento o piso tutelado, co que poder ofrecer un maior grao de independencia aos socios e socias, que posúen así unha maior autonomía persoal, fomentando ao máximo a súa capacidade de autoxestión.

Imaxe Previa Execución

Imaxes Proxecto Executado

LIMISI Fogar

Logos financiamentos GDR