Lumecú: obradoiro de traxes tradicionais con innovación

Proxectos Produtivos – Entidades Privadas

 Expediente: L21-19.20- 10-0244
Promotor: Mercedes Veites Pérez
Concello e Lugar: Vilar de Santos
Puntuación: 59
Orzamento Aceptado: 34.321,00 €
Porcentaxe axuda: 49,29%
Contía Axuda: 16.913,39€

INCIDENCIA NO EMPREGO
Nº de UTAS Consolidados:
1
Nº de UTAS Xerados:
0,5

Lumecú ten unha visión innovadora da tradición mediante a actividade de creación de pezas dende o obradoiro de traxes tradicionais que ten en Vilar de Santos.

A innovación do proxecto Lumecú abrangue polo tanto os seguintes puntos de investimento do seu proxecto a levar a cabo:

  • Investimento en máquinas que axilicen o traballo e mellora da maquinaria para una economía sostible e circular innovando as prendas. Maquinaria necesaria para poder realizar o traballo completo dende o taller e non depender doutras empresas que, ademais de non ser tan personalizado dende o mesmo promotor, incrementarían os costes.
  • Os investimentos na maquinaria van permitir poder innovar e modernizar o taller para poder levar a cabo unha nova labor dende o mesmo, que ata agora, non se podía facer e había que depender doutras empresas, incrementando o tempo de execución do mesmo e os costes engadidos.
  • Pensar na mellora do medio ambiente sen deixar de innovar no produto.
  • Mellora do ecosistema coa creación total de prendas orgánicas.
  • Lograr visibilidade dos produtos nun mercado local a través da web.
  • Lograr visibilidade dos produtos nun mercado nacional potenciando a marca “Artesanía de Galicia”.
  • Posta en valor da igualdade da muller mediante o programa “Mulleres con ás”.

Un dos obxectivos de Lumecú é darlle visibilidade ás mulleres da sociedade galega que son referentes, en parte, grazas aos referentes familiares que as educaron. Por iso crearon o proxecto “Mulleres con ás”.

A este proxecto déronlle visibilidade dende as escolas polo que se fará outra edición que volverá a elas. Polo tanto, decidiuse crear un pequeno libro onde cada unha delas relate, brevemente, a súa experiencia vital recollida mediante entrevistas en vídeo, maquetado e deseñado. Un traballo co que se trata dar visibilidade ás mulleres traballadoras, lograr unha igualdade dende o ensino e colaborar con entidades que transmitan isto. “Mulleres con ás” é un proxecto implicado totalmente e directamente na promoción de igualdade de xénero.

Darlle unha vida á roupa tradicional fóra das datas sinaladas

Mercedes Veites, diseñadora e patronista, arrancou con este proxecto ao redor do 2019. Tiña claro que quería posicionar o traxe galego e a cultura pero dende un punto de vista renovador. Ela baséase nas prendas galegas de toda a vida para crear pezas novas. Comenta que o que máis destaca son as camisas tradicionais de liño porque “son as que máis se adaptan” con calquera vestimenta.

A colección contemporánea da súa tenda pódese atopar en tendas físicas de Galicia e tamén nalgunhas provincias de España. Fai traxes tradicionais a medida, para o entroido e folclóricos.

Coa axuda do GDR adquiriu unha máquina para baixar o custo da produción dos ollais das camisas e polainas, outra para optimizar a parte de bordado e estampación e acelerar así a chegada do produto ao público, xa que da outra maneira tería que externalizalo e con esta máquina de impresión pode facelo no seu taller para despois facer os remates pertinentes á man. Isto tamén lle axuda a diversificar un pouco o seu negocio co marketing dalgunha empresa da contorna.

Por último, tamén comprou unha máquina para os patróns, para evitar utilizar tanto papel. Deste xeito, emprega un programa con patróns específicos e táboas de medir e só ten que imprimir o necesario, controlando os excesos e a desorde.

Decidiu instalarse en Vilar de Barrio porque “desenvolver este proxecto no rural cobra sentido, é unha fonte de inspiración constante”, sinala Mercedes. Era o lugar onde tiña que medrar Lumecú, marca colaboradora con Artesanía de Galicia.

Imaxe Previa Execución

Imaxes Proxecto Executado

Lumecú

Logos financiamentos GDR