Mellora estética do burgo medieval de Vilanova dos Infantes
Proxectos Non Produtivos – Entidades Privadas
Expediente: L21-19.20- 10-0248
Promotor: Asociación Veciñal Gutier Menéndez
Concello e Lugar: Vilanova dos Infantes (Celanova)
Puntuación: 54
Orzamento Aceptado: 16.633,72 €
Porcentaxe axuda: 66,36%
Contía Axuda: 11.038,14€
INCIDENCIA NO EMPREGO
Nº de UTAS Consolidados:
Nº de UTAS Xerados:
A zona onde está proxectada a mellora paisaxística do BIC Vilanova dos Infantes, sitúase dentro dos límites do concello de Celanova.
A mellora paisaxística do núcleo rural do BIC Vilanova dos Infantes, é una actuación innovadora, dado que non existe en todo o sur da provincia de Ourense, ningunha iniciativa que aborde a eliminación do feismo interior dos núcleos tradicionais, cubrindo as caixas eléctricas con elementos nobres que representan a simboloxía da cultura galaica.
A área de actuación, distribúese entorno aos 480 metros sobre o nivel do mar, comprendendo o interior do amoreado rural tradicional, vertebrado por rúas e prazas que interrelacionan os diferentes elementos arquitectónicos tradicionais.
Os elementos paisaxísticos nos que se pretende actuar están distribuídos por toda a extensión do amoreado rural, nas fachadas dos diferentes edificios arquitectónicos, cunha ampla presenza de elementos patrimoniais ao longo do todo núcleo, plasmados en casas solarengas, pazos, fontes, prazas e muros de cachotería en seco, recentemente declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
Ademais de embelecer as caixas de plástico das acometidas eléctricas, preténdese crear un espazo didáctico que recree diferentes conceptos relacionados coa plástica tradicional da Cultura Galaica. Este percorrido didáctico iniciarase na entrada oeste do núcleo principal de Vilanova dos Infantes, onde se instalará un panel informativo de gran formato asociado aos valores recuperados paisaxisticamente e un monólito con motivos artísticos asociados ao mundo galaico.
Poñerlle freo ao feísmo nas rúas
A Asociación Veciñal Gutier Menéndez, fundada no último trimestre de 2019, colleu o relevo de reactivar a recuperación de actividades e iniciativas na zona de Vilanova dos Infantes.
Tal foi así o seu compromiso, que se organizaron e puxeron en marcha proxectos coma este, para loitar contra o feísmo cubrindo os contadores eléctricos. Nun principio, a súa idea era crear un percorrido chamado “Contadores de historias”, onde cada tapa levase unha ilustración ou debuxo para así facer un percorrido polo burgo medieval, pero ao ser unha zona BIC, esta idea non se puido levar a cabo. Patrimonio si que os autoriza a facer pequenas exposicións temporais, que se podan retirar pasado un tempo, explica Xan Carlos, membro da Asociación.
Finalmente, irán lisos: 32 contadores irán cubertos de aceiro corten e 12 de madeira, estes últimos porque están máis protexidos da intemperie.
As súas ideas seguen ao redor desta zona, en concreto queren investigar a parte da muralla que resta da fortaleza, xa que non está recollido no instrumento de protección do Concello, e tanto a muralla como as casas que están pegadas, poden ser elemento de estudo e investigación, se estas últimas as ceden. “Podemos facer cronoloxías, datar correctamente os séculos, porque dende o X ao XII son tres séculos de diferenza nos que pode haber diferenzas”, sinala Xan Carlos e incide en que estas vivendas non foron habitadas durante anos, non foron intervidas e tamén se pode aprender algo cun estudo e control arqueolóxico.
Para informarse, teñen un grupo de Whatsapp no que se pasan avisos e novas de interese.
Imaxe Previa Execución
Imaxes Proxecto Executado