Modernización Saxen Automoción
Proxectos Produtivos – Entidades Privadas
4,12Expediente: L21-19.20- 10-0240
Promotor: Bruno Lorenzo López
Concello e Lugar: Xinzo de Limia
Puntuación: 50
Orzamento Aceptado: 310.394,60 €
Porcentaxe axuda: 50,00%
Contía Axuda: 100.000€ (límite axuda GDR10)
INCIDENCIA NO EMPREGO
Nº de UTAS Consolidados: 4,12
Nº de UTAS Xerados: 1
“Saxen Automoción” é un taller mecánico conformado por un equipo técnico especializado en reparación e mantemento de vehículos multimarca, con unha alta experiencia en diagnose, e electromecánica do automóbil.
A ampliación e modernización de taller vailles permitir ofrecer un servizo máis adecuado e de maior calidade aos clientes, ademais de maior comodidade de traballo aos seus empregados. Así disporían dunha distribución adecuada para dar un bo servizo cunha área de recepción, zona de atención ao público con aseo accesible, oficina de taller, almacén de recambios, zona de taller e aseos con vestiarios independentes incluindo baño adaptado, xerando maior satisfacción no servizo prestado e maior comodidade tanto para os clientes coma traballadores.
Actualmente o taller encontrase no núcleo de Xinzo onde apenas se contan con 200 m cadrados e cunha altura insuficiente para asistir aos vehículos como furgóns, dificultando a labor no taller tendo que usar gatos en vez de os elevadores adecuados para realizar este tipo de traballos. Por todo o exposto requiren realizar a construción dunha nave industrial con suficiente espazo que permita lograr os obxectivos de ampliación e modernización.
A ampliación proxectase facer sobre un terreo propiedade do promotor, a cal se encontra con polígono industrial de Xinzo, permitindo estar no lugar máis adecuado para levar a cabo o servizo a clientes.
Atópase nunha parcela cunha superficie de 1.500 metros cadrados, dos cales se edificarán un total de 840 metros cadrados.