Novo local social para a Asociación Cultural e Rural de Borrán

Proxectos Non Produtivos – Entidades Privadas

Expediente:  L18-19.20- 10-0114
Promotor: Asociación Cultural e Rural de Borrán
Concello e Lugar: Borrán, Vilar de Barrio
Puntuación: 76
Orzamento Aceptado: 68.112,22 €
Porcentaxe axuda: 49,27%
Contía Axuda: 33.558,89 €

A Asociación Cultural e Rural de Borrán decidiu comprar e rehabilitar unha edificación tradicional catalogada por Patrimonio que estaba en estado de abandono para usar como local social, no concello de Vilar de Barrio. Esta casa era unha antiga escola.

Os investimentos a levar a cabo son, principalmente, os referentes a:

  • Obra civil
  • Fontanería
  • Calefacción
  • Pintura

A Asociación inclúe no local mesas e sillas como mobiliario que xa tiñan anteriormente.

Punto de encontro para Borrán

A xente de Borrán, grazas á Asociación Cultural e Rural, dispoñen dun novo lugar onde reunirse e atoparse cos veciños. Un local aberto a socios e non socios, aberta a todos os veciños e veciñas da zona. 

Aquí terán lugar actividades de todo tipo, dende asembleas, reunións e debates, ata comidas de veciños, festas e outro tipo de actividades de ocio e recreo.

A vivenda, dividida en dúas plantas, recollerá tamén no segundo andar cursos de iniciación á informática e novas tecnoloxías para a xente máis maior e todas aquelas persoas que o precisen.

O local social acolle eventos para todas as idades, só hai que ir preguntar e consultar cales están dispoñibles e poder disfrutar dunha xornada compartida cos veciños.

Imaxe Previa Execución

Imaxes Proxecto Executado

Local social de Borrán

Logos financiamentos GDR