O Cobelo – Instalación de paneis solares fotovoltaicos para mellorar a eficiencia enerxética dunha explotación gandeira
Proxectos Produtivos

Expediente: L17-19.20-10-0026
Promotor: Rosa María Rúa Pérez
Concello do investimento: Sarreaus
Puntuación: 66,5
Orzamento Aceptado: 64.049,75 €
Porcentaxe axuda: 50%
Contía Axuda: 32.024,88 €
INCIDENCIA NO EMPREGO
Nº de UTAS A Crear: 1,75
Proxecto de mellora enerxética dunha explotación gandeira, mediante a instalación de paneis solares fotovoltaicos. Esta instalación permite xerar parte das necesidades enerxéticas da industria mediante o uso da enerxía solar, unha fonte de enerxía renovable, que xera un aforro superior ao 40%.
O Cobelo aposta pola mellora da eficiencia enerxética e en poder reducir a súa dependencia de provedores externos de enerxía eléctrica. O aforro de consumo enerxético procedente da rede eléctrica convencional é unha destas medidas encamiñadas á mellora da eficiencia enerxética das instalacións da industria na súa actividade habitual, así como un beneficio ambiental e social, polo aforro de emisións contaminantes.
Enerxía solar para o funcionamento da granxa
O Cobelo é unha explotación de vacún situada na aldea de Lodosedo, e desde o ano 2016 é Rosa quen se atopa á fronte desta explotación, que tomou as rendas con ganas de esforzarse para darlle continuidade a un negocio no que os seus pais investiron moito tempo, diñeiro e esforzo.
Rosa sempre estivo en contacto cos animais e sendo ela unha nena, os seus pais montaron unha pequena explotación de vacún, que comezaron con apenas un par de vacas nunha pequena corte pegada á vivenda familiar. O seu interese polos animais, levouna a estudar veterinaria e, tras a xubilación dos seus pais, non dubidou en coller o relevo da explotación familiar. Na actualidade conta con arredor de 180 cabezas de gando, entre vacas de leite e becerros para carne.
As instalacións desta granxa foron aumentando e mellorando co paso dos anos e no 2017 decidiron instalar un sistema de placas solares para autoabastecerse en enerxía eléctrica e reducir gastos. Deste modo, a enerxía fotovoltaica que producen almacénase en baterías que proporcionan enerxía eléctrica para o funcionamento de toda a explotación.
Pero non só teñen unhas instalacións eficientes enerxeticamente, senón que os produtos que saen desta granxa, tanto o leite como a carne, son de moi boa calidade, grazas alimentación altamente proteica dos animais, baseada en abundante forraxe de millo, avea e berza.

Imaxe Previa Execución
Imaxes Proxecto Executado