“O tempo do corpo”, movemento para os veciños de Amiadoso

Proxectos Produtivos – Entidades Privadas

Expediente: L19-19.20-10-0151
Promotor: Nuria Sotelo Rodríguez
Concello e Lugar: Concello de Allariz, Amiadoso
Puntuación: 70
Orzamento Aceptado: 94.817,32 €
Porcentaxe axuda: 50%
Contía Axuda: 47.408,66 €

INCIDENCIA NO EMPREGO
Nº de UTAS Consolidados:
0,67
Nº de UTAS Xerados:
0,83

Nuria Sotelo, a promotora deste proxecto é artista de profesión, autónoma e traballadora en espectáculo de danza e baile. Decide dar un paso adiante, co fin de poñer en marcha un programa de envellecemento activo das mulleres rurais.

Deste xeito, fálase de combinar o saber coa realidade social na que se vive, unha aldea do interior de Ourense, onde a maioría das persoas son maiores e mulleres.

O proxecto que se formula consiste na rehabilitación parcial dunha vivenda situada na aldea de Amiadoso e conseguir os equipamentos e mobiliarios precisos para desenvolver a súa actividade.

Un proxecto para o encontro

Nuria Sotelo pensou na xente maior e na realidade da zona na que vive e sacou adiante este proxecto. “Son sobre todo mulleres e teñen poucos espazos de socialización e para traballar o seu benestar”, comenta a promotora. Ela, a través do seu traballo, considera que pode beneficiar á xente. “Isto é un espazo de encontro coa comunidade, facendo un traballo creativo a nivel físico pero tamén mental”.

Realizan actividades como ioga, iniciativa á danza, obradoiros de acrobacias en familia, de voz e corpo… Pódese atopar máis información e estar atentas aos seus eventos na web ou nas redes que figuran nesta páxina.

Ademais, a iniciativa “O tempo do corpo” está englobada polo proxecto “A Casa Vella”, un espazo de creación idóneo para artistas e outros profesionais culturais e que axuda a dinamizar o territorio, aumentando a capacidade relacional e innovadora xa que crea redes con outras xeografías e outros proxectos. “A Casa Vella” é un dos primeiros espazos deste tipo que se poñen en marcha en Galicia e que favorece a “O tempo do corpo” porque ao servir de residencia para outros artistas, estes tamén preparan dinámicas coa xente maior.

Nuria Sotelo puido poñer en marcha o seu proxecto a finais de 2020, un ano complicado para todo o mundo pola pandemia que se estaba a vivir. “Non foi fácil arrincar”, sinala, xa que a xente maior non se atrevía a participar nas actividades, pero pouco a pouco o proxecto vai medrando e a xente agarimándose con el.

Imaxe Previa Execución

Imaxes Proxecto Executado

Proxecto "O tempo do corpo"

Logos financiamentos GDR