Pádel Allariz – Adaptación dunha nave industrial para uso deportivo

Proxectos Produtivos

Expediente: L18-19.20-10-0102 
Promotor: Padel Allariz S.L.
Concello do investimento: Allariz
Puntuación: 67
Orzamento Aceptado: 142.863,36 €
Porcentaxe axuda: 50%
Contía Axuda: 71.431,68 €

INCIDENCIA NO EMPREGO
Nº de UTAS Xerados:
2

Proxecto de adaptación dunha nave industrial dedicada á fabricación de xanelas de aluminio nun espazo deportivo, mediante a instalación de catro pistas de pádel, vestiarios, zona de recepción e cafetería.

Debido á alta demanda deste deporte, xorde Pádel Allariz, un espazo deportivo situado no Polígono Industrial de Chorente, que pretende acoller a todas as xogadoras e xogadores da contorna, e tamén a todas aquelas persoas interesadas en coñecer este deporte.

Deporte como alternativa

Nos últimos anos o pádel consolidouse como un dos deportes máis practicados en Galicia e a elevada demanda de instalacións, fixo que se creasen numerosas pistas de pádel por todo o territorio. Baixo esta premisa, xorde Pádel Allariz, un espazo deportivo con moi boa acollida entre os habitantes da vila e tamén de outros municipios da contorna.

O club conta cunha oferta deportiva moi ampla, xa que non só dispón do servizo de aluguer das pistas de pádel, senón que tamén ofrece diversas actividades ao longo do ano, organiza torneos e realiza clases individuais e colectivas para todos os niveis e idades.

Detrás das pistas, atopamos a Lucía, Jorge e Fernando, tres socios que apostaron por instalar este club deportivo en Allariz, adaptando unha nave do polígono industrial na que se desenvolvían traballos con aluminio. A reforma deste espazo deu lugar a unhas instalacións confortables, amplas e luminosas, nas que atopamos catro pistas de pádel, vestiarios e recepción. Todo isto acompañado dunha cafetería e unha acolledora terraza ao aire libre, na que relaxarse despois dun duro partido ou conversar cos adversarios do torneo.

Un espazo moderno e ben localizado, ideal para achegarse a este deporte en auxe e desfrutar dunha xornada de ocio en agradable compañía.

Imaxe Previa Execución

Imaxes Proxecto Executado

Pádel Allariz

Logos financiamentos GDR