Produtos Naturais Bustelo – Construción dunha nave para almacenaxe e envasado de produtos de horta

Proxectos Produtivos

Expediente: L18-19.20- 10-0101
Promotor: Isabel Santos Fernández
Concello do innvestimento: Xunqueira de Ambía
Puntuación: 88,25
Orzamento Aceptado: 59.900,00 €
Porcentaxe axuda: 50%
Contía Axuda: 29.950,00 €

INCIDENCIA NO EMPREGO
Nº de UTAS Totais a crear: 1,25
Nº de UTAS a crear pertencentes a colectivos desfavorecidos
Mulleres: 1

Proxecto de construción dunha nave para Produtos Naturais Bustelo S. Coop. Galega nunha parcela da súa propiedade. Isto supón unha mellora na explotación agraria, xa que lle ofrece aos seus propietarios un espazo para envasar a pataca para a súa posterior comercialización e tamén almacenar outros produtos da súa produción (como o repolo ou a berza).

Produtos de calidade, de proximidade e de tempada

A parroquia de Bustelo, no concello de Xunqueira de Ambía, acolle no seu territorio unha das maiores explotacións agrarias do concello, a da cooperativa Produtos Naturais Bustelo, formada polo matrimonio de José Antonio e Isabel.

José Antonio é natural desta aldea e alí comezou a traballar no mundo agrícola cunha pequena explotación de pataca e cereal. Despois de varios anos de investigación sobre a terra e as condicións climatolóxicas da zona, José Antonio e Isabel atoparon aqueles produtos e variedades que mellor se adaptan ao terreo, e decidiron montar unha cooperativa para dedicarse á produción e comercialización dos seus propios produtos de horta.

Co paso do tempo, foron ampliando a explotación e actualmente traballan arredor de 63 hectáreas, onde a pataca, a cebola e o repolo son os seus produtos estrela. Tamén innovaron na súa produción engadindo novos produtos como a cabaza.

Desde fai 5 ou 6 anos, esta cooperativa comercializa os seus produtos a diferentes almacéns distribuídos por toda a provincia de Ourense, que, sen dúbida, triunfan pola súa calidade.

Imaxes Proxecto Executado

Produtos Naturais Bustelo S. Coop. Galega

Logos financiamentos GDR