QBQ Laboratorio Dental

Proxectos Produtivos – Entidades Privadas

Expediente: L21-19.20- 10-0233
Promotor: Enrique Bangueses Quintana
Concello e Lugar: Allariz
Puntuación: 43
Orzamento Aceptado: 62.414,75 €
Porcentaxe axuda: 37,86%
Contía Axuda: 23.630,22€

INCIDENCIA NO EMPREGO
Nº de UTAS Consolidados:
1
Nº de UTAS Xerados:

Creación de empresa-laboratorio de produción de próteses dentais.

A idea xorde da necesidade de aproveitar a revolución tecnolóxica e dixital na área da prótese dental. Como acontece noutros escenarios, a actualización no proceso de produción é imprescindible para a mellora dos produtos e servizos.

O aproveitamento da revolución dixital é o alicerce deste proxecto empresarial empregando a tecnoloxía máis avanzada xunto con protocolos actualizados, para xerar mellores calidades nos produtos protésicos.

A meta empresarial e persoal é converter QBQ nun importante laboratorio dental nos próximos cinco anos, loitar pola excelencia profesional día a día, ofrecendo o mellor servizo e os mellores produtos facendo uso da tecnoloxía punteira.

Dixitalización da odontoloxía en Allariz

Enrique Bangueses decidiu montar o seu propio negocio en Allariz despois de estar máis de 15 anos traballando noutras clínicas.

Con toda a súa experiencia e gañas, abriu “QBQ Laboratorio Dental” co obxectivo de lograr a máxima dixitalización da prótese, sen olvidarse do rematado manual que todas as pezas requiren.

Coa axuda do GDR, adquiriu a maquinaria e o software precisos para levar a cabo o seu traballo. “A odontoloxía ten un camiño cada vez máis dixital”, explica Enrique. Agora, non é preciso que centros de odontoloxía estean pegados ao seu laboratorio para facer unha prótese, xa que a través da nube e de Internet lle poden pasar a información necesaria para que el traballe. Isto permítelle que dende Allariz poda traballar con clientes de Europa e de España.

Destaca do seu traballo sobre todo as próteses fixas, sobre dente ou implante nunha soa peza con gran estética e empregando os últimos materiais. O papel da dixitalización é moi importante na clínica de Enrique, xa que el decidiu apostar dende un comezo por ela. “É rentable co paso do tempo comezar deste xeito, aínda que sexa máis custoso”, sinala. É todo máis directo, con maior calidade e rapidez.

Imaxe Previa Execución

Imaxes Proxecto Executado

QBQ Laboratorio Dental

Logos financiamentos GDR