Recuperación dos camiños tradicionais da parroquia de Bande

Proxectos Non Produtivos – Entidades Privadas

Expediente: L21-19.20- 10-0238
Promotor: CMVMC Monte Grande 2
Concello e Lugar: San Pedro de Bande
Puntuación: 56
Orzamento Aceptado: 29.960,00 €
Porcentaxe axuda: 68,18%
Contía Axuda: 20.426,73€

INCIDENCIA NO EMPREGO
Nº de UTAS Consolidados:
Nº de UTAS Xerados:

A área de camiños etnográficos tradicionais proposta para recuperar sitúase no entorno das aldeas que forman parte da parroquia de San Pedro de Bande. Un espazo rural agrario cunha elevada riqueza natural e patrimonial encravado na bacía hidrográfica do río Cadós, afluínte do Limia.

A área de actuación, distribúese entre os 600 e os 800 metros sobre o nivel do mar, comprendendo unha ampla franxa de territorio, disposto entre as aldeas que gardan a esencia da agricultura tradicional de montaña.

Os camiños etnográficos nos que se pretende actuar están distribuídos por toda a extensión da parroquia, conectando o núcleo principal (Bande) coas aldeas da parroquia (Martiñán, Loeda, Buxán, Xordos, Vilameá, Recarei e Sarreaus) cunha ampla presenza de elementos etnográficos patrimoniais ao longo do seu trazado, plasmados en petos de ánimas, cruceiros, pasais, poldras, enlousados e muros de pedra seca, técnica recentemente declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Ademais de recuperar todos estes camiños, actualmente abandonados, preténdese crear un roteiro circular que poña en valor os Petos de Ánimas, esencia principal do camiño e representados na maioría das aldeas. Este roteiro circular chamarase Roteiro dos Petos, e iniciarase no centro do núcleo principal (Bande), onde se instalará un panel informativo de gran formato asociado ao camiño e valores recuperados; complementado con pequenos paneis nas aldeas e sinais de dirección.

Os principais elementos etnográficos patrimoniais a poñer en valor serán, os petos de ánimas de Sarreaus, Martiñán, Vilameá, Ponte Cadós e Recerei; incidindo na conservación dos muros tradicionais e na recuperación de camiños e corredoiras de séculos de tránsito de carros e viaxeiros.

OBXECTIVOS

  • A Recuperación integral dos camiños etnográficos tradicionais da parroquia de Bande como actuación innovadora.
  • A dinamización dunha comarca deprimida como é a Baixa Limia.
  • A xeración de novos recursos turísticos.
  • Fomentar o valor educativo e científico do entorno e o valor de recreo público do monte, creando un espazo didáctico e interpretativo.
  • Satisfacer aos colectivos desfavorecidos da comunidade de montes.
  • Recuperar as corredoiras e os principais tramos de muros caídos, así como os pasais do ríos.

Contar a historia dos camiños tradicionais

A Comunidade de Montes Veciñais de Bande está integrada polas 8 vilas que o conforman. Os seus integrantes decidiron recuperar os camiños tradicionais da zona porque estaban en mal estado e abandonados.

Estes camiños, ademais, están conectados cos Petos de Ánimas, co cal se quixo facer unha ruta que unise as diferentes vilas cos camiños e co núcleo central de Bande. Isto sinalizouse e colocaronse paneis interpretativos.

Nos camiños puidéronse tamén restaurar os muros de pedra, que tiñan algunha destas caídas ou tiradas, e poñelas no seu sitio para acondicionar o entorno.

David Pérez, arqueólogo, sinala que a idea que teñen é que o o camiño circular se consolide. “É un camiño cheo de sombras, hai moitas carballeiras que fan o paseo máis tranquilo, ademais de que hai unhas moi boas vistas ao Xurés”.

Iniciativas para dinamizar as visitas con esperanzas de que se consolide e se manteña co tempo.

Imaxes Proxecto Executado

Camiños tradicionais de Bande

Logos financiamentos GDR