SApere Aude, a reconversión da aldea de Saa

Proxectos Non Produtivos – Entidades Públicas

Expediente: L21-19.20- 10-0258
Promotor: Concello Vilar de Santos
Concello e Lugar: Vilar de Santos
Puntuación: 61
Orzamento Aceptado: 29.505,92 €
Porcentaxe axuda: 80%
Contía Axuda: 23.189,20€

INCIDENCIA NO EMPREGO
Nº de UTAS Consolidados:
Nº de UTAS Xerados:

Recuperación patrimonial, paisaxística e mellora do entorno do núcleo interés etnográfico e arqueolóxico aldea de Saa para a creación do parque didáctico “sapere aude”.

Preténdese implementar un programa de actuacións para a recuperación patrimonial e paisaxística deste núcleo de interese etnográfico e arqueolóxico, actuando sobre o propio espazo e a mellora do seu entorno inmediato co fin de crear o primeiro parque didáctico de temática arqueolóxica e ambiental de Galicia.

Un parque didáctico para coñecer o pasado

O Concello de Vilar de Santos levou a cabo diferentes actuacións para recuperar a aldea de Saa, abandonada hai máis de 50 anos, en termos patrimoniais, paisaxísticos e de mellora do entorno do núcleo de interese etnográfico e arqueolóxico.

Este proxecto xa se iniciara hai anos, pero nunca foi concluído e todas as melloras realizadas no entorno foron vítimas do vandalismo. Polo tanto, comezouse este novo proxecto para lograr a dinamización que se buscaba nun comezo.

Primeiro, leváronse a cabo obras necesarias para frear o deterioro da zona. Posteriormente, a recuperación patrimonial de dúas das catro unidades construtivas, unha para centro de recepción de visitantes autónomo e outra unha aula didáctica como complemento ao Museo Etnográfico da Limia.

SApere Aude, nome co que se coñece a este parque didáctico, será o exemplo no que a infancia e xuventude se poderán mirar para aprender do pasado da súa zona: procesos de elaboración e uso de ferramentas do pasado, tecidos, cerámicas, oficios, traballo no agro, relación co medio… Tamén haberá zonas de descanso e zonas de experimentación con pinturas, ferramentas e cultivos.

Parque didáctico Sapere Aude

Logos financiamentos GDR