Rehabilitación Muíño da Ruana

Proxectos Produtivos – Entidades Privadas

Expediente: L21-19.20- 10-0262
Promotor: María del Carmen Sánchez-Blanco Palomera
Concello e Lugar: Maceda
Puntuación: 59
Orzamento Aceptado: 28.248,69 €
Porcentaxe axuda: 49,29%
Contía Axuda: 13.923,78€

INCIDENCIA NO EMPREGO
Nº de UTAS Consolidados:
1
Nº de UTAS Xerados:

O proxecto pretende dar continuidade á función básica do MUÍÑO e sacar partido a unha instalación tradicional que hoxe pode resultar transformadora tanto a nivel local como en todo o ámbito peninsular ou mesmo internacional.

Para elo rehabilitarase un antigo muiño á beira do rio Maceda que está en desuso, mais facilmente recuperable.

O máis preciso son as pedras para moer. O investimento para a posta en marcha é relativamente pequeno.

Contando con cereais da mellor calidade e cultivo ecolóxico, pretenden crear un modelo de negocio sostible ao redor da moenda.

O obxectivo é abastecer a panadeiros e reposteiro da comarca de fariña de alta calidade O oficio da moenda é unha arte tradicional e supón un patrimonio intanxible con moito interese para volver a formas sostibles de produción alimentaria, para ofrecer aos consumidores un produto de primeira calidade, así como para manter viva unha tradición que constitúe unha das primeiras accións de transformación da natureza.

Logos financiamentos GDR